2º Ciclo de Infantil

COGOMELOS

Continuamos traballando elementos do Outono. Desta volta estivemos a traballar elementos naturais relacionados coa saúde e a importancia de xoñecer os cogomelos para poder saborealos. Observamos algúns cogomelos e as suas cores , formas e tamaños. 

Para rematar a actividade e relacionandoo co tema de este curso elaboramos uns cogomeliños utilizando material de refugallo. 

Os cogomelos que elaboramos son 

Amanita Phalloides

Un cogomelo tóxico que nunca debemos tocar nen comer! 

 

MAGOSTO 202O

Este curso a festividade do magosto viuse modificada polo COVID , pero en 3 anos A , a pesar de que nos houbera gustado festexalo igual que anos anteriores con todos @s nos@s compañeir@s a nivel centro, nos traballamos a nivel de aula esta tradición tan nosa. Fixémolo partindo do conto MARIA CASTAÑA  , co que , despois de escoitalo e traballalo , se nos ocurriu elaborar a nosa particular castañeira. 

SAMAIN EN 3 ANOS

Este ano para festexar o SAMAIN o equipo de educación infantil decidimos, ao igual que anos anteriores, que o alumnado poderia vir disfrazado para a ocasión. A nosa aula achegàronse bruxas , cabazas, homes misteriosos, esqueletes... Que fixeron que este día se convertira nun dos màis terroríficos.

Ademáis fixemos diversas manualidades relacionadas coa festividade: gorros de bruxas/os , pantasmas e mesmo un pequeno teatro de sombras que nos encantou! 

 

 

 

DIA DAS BIBLIOTECAS

O  24 de Outubro celébrase o día das bibliotecas : espacios únicos e relaxantes que seguro que todos , máis grande ou máis pequeno temos no noso fogar. Lugares acolledores que nos ofrecen a posibilidade de soñar e descansar á vez que imaxinamos e aprendemos.

Asi de relaxados estamos e así son as  bibliotecas do alumnado de 3 anos!

 

TODOS SOMOS DIFERENTES

¿Por qué a mesma particularidade de unha persoa a veces nos gusta e outras veces nos molesta?

Lolo e Rita son moi diferentes entre sí, aceptar a diversidade non sempre é sinxelo...pero...¿quen dixo que o iba a ser?

A través de este conto traballamos a comprensión de aquelo que nos fai diferentes , mostrando o máxico efecto dos polos opostos!

E así o deixamos plasmado nos nosos debuxos : Tentamos facer o mesmo debuxo pero TODOS SON DIFERENTES! Cada un coa súa particularidade.

 

TEMPO DE CABAZAS

Coa chegada do outono comeza tamén a chegada dos seus froitos.

Esta semana traballamos un alimento característico de esta estación: A CABAZA

Despois de ollala, manipulala , investigar o seu interior e buscar diferentes tipos de cabaza na PDI  , puxemos a nosa cabeciña e imaxinar e.... partindo de formas e cores elaboramos a nosa propia cabaza terrorífica aproveitando que o Samaín xa o temos cerquiña.

 

COMENZAMOS UN NOVO CURSO!

Comenzamos un novo cuso escolar , un novo curso repleto de dificultades e inquedanzas pero que xuntos iremos superando.

Sen embargo ,estas dificultades non nos quitarán as gañas de ensinar e aprender, de continuar a nosa labor educativa  , de ver esas cariñas sorrintes dia a día coas suas ilusións e cos seus medos...

Este ano o tema vertebrador do cole será "MEDIO AMBIENTE E SAÚDE". Na nosa aula traballaremos entre outras cousas a importancia da auga, paisaxes onde se atopa, bos hábitos para o seu consumo e a súa importancia para a nosa saúde.

Formaremos tamén parte do plan proxecta na súa modalidade de "Sustentabilidade e paisaxe" onde traballaremos as diferentes especies de árbores que podemos atopar na nosa contorna, os seus froitos , os seus coidados e as súas necesidades para poder medrar.

Traballaremos tamén na modalidade de IGUALA-T, traballando valores relacionados coa igualdade a través de contos e diversas actividades.

Despois de superar o período de adaptación sen nada importante que destacar , comenzamos a traballar a nova estación : O outono.

Traballamos algún animaliño propio de ela partindo do conto caracol e caracola : observamos  como se desprazan , as súas partes e mesmo aprendemos a súa canción para que saquen os cornos ao sol!

 

 

Aproveitando os raios de sol dun día de outono saímos a recoller follas de diferentes formas e cores , que nos servirian despois para manipular , clasificar, e mesmo realizar actividades tan imaxinativas coma esta...¿Que pode ser?

 

 

 

 

 

 

   

 

 

 

    

 

 

 

 

DESPEDIDA AULA 4 ANOS B

ACTIVIDADE MUSICAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias! Pasiño a pasiño chegamos xa ao fin de curso. Decirvos que estou moi contenta de ser a mestra dos vosos fillos/as , que sigan con esa alegría e enerxía que os caracterizan e participando con tanta emoción nas clases de música.

 Aquí vos deixo unha canción moi animada que nos vai servir para poñer un broche final ao curso e o faremos bailando e cantando, vos animades?

 https://www.youtube.com/watch?v=VWil5FMmuEM

 

 Moitas grazas polos vosos esforzos nestes meses tan difíciles para todos. Deséxovos un feliz verán! Unha aperta moi grande!

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias! Esta semana vos propoño un xogo musical relacionado coa palabra COMETA.

Na primeira vez veremos o video e aprenderemos esta canción. Cando xa a teñamos aprendida podemos facer palmas no peito, pernas e palmas, intentádeo!

https://www.youtube.com/watch?v=55j7z8tHBaY

Unha aperta moi grande!

Powered by Drupal - Design by artinet