2º Ciclo de Infantil

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias, para esta semana vos propoño estas actividades musicais:

Comezamos cantando a canción do balcón, que todos/as xa a saben. A tedes no arquivo adxunto.

A seguinte actividade está pensada para que os nenos e nenas traballen o ritmo e o movemento ademais da atención e a concentración.
O patrón rítmico que se repite durante a primeira parte da canción é : ta, ta, titi, ta, e na segunda: ta,ta,ta,ta.  Necesitaredes, como veredes no video, un par de zapatos.

https://www.youtube.com/watch?v=eNqZOxiMSJg

Aquí tedes a canción completa:   https://www.youtube.com/watch?v=z1-Lhj2LYqY

E, para rematar, unha actividade para unha volta á calma. Poñeremos unha canción relaxante de fondo ( vos propoño El cisne de Camille Saint Säens pero poder ser outra que vos guste máis), os nenos/as deberán estar tumbados boca arriba e cos ollos pechados sobre unha manta, alfombra...e vós colleredes a manta e os/as arrastraredes moi lentamente mentres eles se relaxan e escoitan a música. Podemos decirlles que a melodía a leva un violonchelo e que de fondo soa un piano.

https://www.youtube.com/watch?v=cXEy_UfSgCU

Unha aperta moi grande para todos e todas!!

Día do Libro: 23 de abril

Hoxe, día 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Os nenos e nenas de 4 anos B fixeron varias actividades relacionadas con este día.

- Prepararon un marcapáxinas para os seus contos.

- Pero tamén, como lles encantan os contos, nesta ocasión, eles mesm@s quixeron crear un conto! Cada neno e nena fixo un debuxo libre, sen ningunha temática común, e dixéronlle á profe que era o que pasaba no seu debuxo. A profe Vanesa, simplemente ordenou as "páxinas" e de todo o seu traballo saíu este conto.

Esperamos que vos guste!

Coma sempre, moitísimas grazas ás familias por colaborar!

 

 

 

 

 

 

 

23 DE ABRIL : DIA DO LIBRO

Esta situación que estamos a vivir mesmo podería ser  o argumento para escribir unha breve historia. Pois a nosa aula así o quixo relatar; co  título "LEMBRANZAS" quedarà para sempre nos nosos recordos.

https://read.bookcreator.com/hzgpG5nuI4fibYJufonUgF6xTNV2/odRsDavaTiqasq...

22 DE ABRIL - DIA DA TERRA.

 

Animádesvos a bailar un pouquiño? Aquí vos deixo unha canción sobre o noso planeta terra . Quen se anime pode facer un debuxiño  ou manualidade do noso planeta e enviarmo!!

APERTAAS!!

 

 

Xa comezan a chegar os debuxiños!

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias, esta semana vos propoño estas actividades de música.

Comezaremos cunha lectura rítmica, primeiro que digan ta e titi e despois que intenten facelo ao mesmo tempo que dan palmadas ( unha con ta e dúas con titi).

https://www.youtube.com/watch?v=qD3zNojKGLw&t=74s


A seguinte actividade é un baile de México chamado " Las Chiapanecas" que está pensado para traballar o ritmo e o movemento.
Necesitaredes o pau dunha vasoira, fregona... e unha culler de madeira (ou similar).

https://www.youtube.com/watch?v=BRyEBqrZOpU

E para rematar, vos mando adxunta unha canción que bailaban xenial os vosos nenos e nenas, seguro que se acordan. Animádeos a que vola ensinen!

Se queredes poñervos en contacto comigo aquí tedes o meu email: musicaceiparzua@gmail.com
Unha aperta moi grande!

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día nenos e nenas, esta semana achégovos este material de actividades musicais, espero que vos gusten.

Comezamos cantando unha canción sobre as notas musicais:
https://www.youtube.com/watch?v=nrqWzhb6Fdw

Canción " Escalas y arpegios" : https://www.youtube.com/watch?v=MNOxbRiDw2w

Bailamos "La raspa, de Sr. Ortegon" ( música mexicana). Necesitaremos un pau de vasoira ou fregona e un cucharón de madeira de cociñar.
Traballaremos o pulso mediante a percusión e o movemento.

https://www.youtube.com/watch?v=09KMC985zCo&frags=wn


Para rematar, propoño una actividade de volta á calma onde escoitaremos a canción do Acuario de Camille Saint Säens mentres facemos os movementos propostos no video ( podedes sustituir os cascabeis por maracas):

https://www.youtube.com/watch?v=3WaABZzT8bk


Podedes facelo sen ver o video, aquí tedes o audio:

https://www.youtube.com/watch?v=XCBDlC0N8Rc

Unha aperta moi grande para todos e todas. Moito ánimo!!

Feliz Pascua!

Ainda que na escola non puidemos facer manualidades de pascua, algúns/as peques estano a facer na casa coas súas familias ! Así de fermosos quedaron estos coelliños e galiñas e con eles queremos felicitarvos estas datas! 

 

DIA MUNDIAL DA SAÚDE: 7 de abril

A saúde é un dos elementos básicos da nosa vida e este ano somos máis conscientes que nunca, por iso os nenos e nenas de 4 anos B compartimos con tod@s vós o noso desexo.

Grazas de novo familias por colaborar.

 

 

 

 

 

 

 

Actualización de recursos para Ed. Infantil

Hello!

Incluín novos recursos no listado anterior: APPS e SITIOS WEB novos.

Recomendo descarregar as apps pola orde indicada e ler as suxerencias sobre como e cano empregar eses e outros recursos en inglés.

Vémonos no meu blog: 5Five Corners.

Agardo que levedes o confinamento con calma e saúde. Apertas para as/os pequechos/as!

BYE!

VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!

Esta semana o meu alumnado estivo traballando a igualdade a partir do conto VIVAN LAS UÑAS DE COLORES! Un conto para traballar a igualdade entre xéneros. Unha vez visto o conto...que tal se nos poñemos guap@s e aproveitamos para apoiar a Juan , o protagonista de esta aventura? 

E xuntos seguiremos traballando e apoiàndonos!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet