2º Ciclo de Infantil

5 DE XUÑO:DIA DO MEDIO AMBIENTE

Na aula de 5 anos A conmemoramos o dia do Medio Ambiente practicando co exemplo e partindo de iso elaboramos unha serie de puntos a ter en conta para protexelo e coidalo.¿Queredes seguir os nosos pasos e conseguir que o noso planeta estea libre de contaminacións e sexa un ambiente limpo e san?

 

 

 A continuación Diego recórdanos que lixo vai para o contenedor amarelo que él mesmo con material reciclado elaborou!

 

POR UN PUÑADO DE BOTONES

Esta semana na aula de 5 anos A  traballamos  a actividade proposta  polo Departamento de Orientación para traballar a diversidade de familias. 

Escoitamos o conto " POR UN PUÑADO DE BOTONES" e atrevémonos a elaborar a nosa propia familia de botóns!! 

 

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias! Aquí vos deixo as propostas de música para esta semana.

Primeiro comezaremos por un exercicio de discriminación auditiva. Terán que adiviñar que son está soando antes de que se levante o pano.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=11&v=o6TokVbToyw&feature=emb_logo

Seguimos cunha actividade para traballar os son fortes e suaves cunha canción. Cando saian os xigantes pisaremos con forza, dando pisotóns e cando saian os enanitos pisaremos suave, sen facer ruído.

https://www.youtube.com/watch?v=-rARjlwkX7k&list=PLDe-ZhCL34OrfVgngPxwbR0Rv8nMtUSL8&index=7

E, para rematar, vos deixo unha proposta musical para acompañar a  " Contradanza" de Beethoven.

https://www.youtube.com/watch?v=Hooeo1DXX3A

Se queredes solo a música aquí tedes o enlace:

 https://www.youtube.com/watch?v=2v8888lrDac

Unha aperta moi grande!

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Hola nenos/as e familias!!

Esta semana imos continuar coa discriminación auditiva de animais a través deste video:

https://www.youtube.com/watch?v=xLb3vgmiSnE&t=130s

Continuamos coa canción " Mi caballo" na cal terán que facer palmas, o son das ovellas...tal e como se propón na canción:

https://www.youtube.com/watch?v=A7RY4v_CsdM

E, por último, traballaremos cos sons fortes e suaves para o cal verán o video e deberán dar pisotóns fortes como se fosen elefantes cando soe forte e camiñar sen facer ruido como gatiños cando soe suave.

https://www.youtube.com/watch?v=lUYEvCly8Fo

Unha aperta moi grande!!

LETRAS GALEGAS 2020 EN 5 ANOS A

Este ano o día das LETRAS GALEGAS está adicado a FERNANDO CARVALHO CALERO , nacido en Ferrol ( 1910-1990),filólogo e escritor , mestre de varias xeracións e licenciado en Dereiro e Filosofía e letras; sendo membro de honra da Asociaciación Galega da Lingua.

Entre as súas obras na nosa aula escollimos para traballar o conto : AS PITAS BAIXO A CHOIVA.

Como é habitual , traballamos unidos para facer traballos en equipo : esta vez o noso propio curral baixo a choiva con pitas e galos ben orixinais que ben podería ser unha portada de libro!

Grazas familias e peques polo voso esforzo e traballo para que poidan saír cousas tan lindas coma esta!

LETRAS GALEGAS 2020 (AULA DE 5 ANOS B)

Os nenos e nenas de 5 anos B tamén fixeron uns bonitos traballos para o Día das Letras Galegas! 

 

LETRAS GALEGAS 2020 (AULA DE 4 ANOS B)

As nosas pitas onte non se mollaron, pero nós divertímonos moito co conto de RICARDO CARVALHO CALERO.

Grazas aos nenos e nenas, e tamén ás súas familias!

 

Os caracois

Na última semana que tivemos cole, recibimos herbas aromáticas e amorodos que de maneira desinteresada nos entregou unha mamá. Como podedes comprobar no blogue de Paisaxe, o 13 de marzo, o último día que tivemos cole, plantamos todo isto coa axuda dos nenos que viñeron ese día ao cole. Pero uns días despois comprobamos que as herbas aromáticas desapareceran todas menos unha. Así que desde Paisaxe e Sustentabilidade queremos propoñervos unhas actividades para que coñezades mellor a quen nos comeu as nosas herbas aromáticas.

 

Día Mundial do Medio Ambiente

Ola bos días a tod@s. Desde Paisaxe e Sustentabilidade queremos propoñervos unha actividade para celebrar o 5 de xuño, o día Mundial do Medio Ambiente. Espero que vos guste. Lembrade enviar os vosos traballos os titores.

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día, familias! Esta semana vos propoño as seguintes actividades musicais.

Comezaremos traballando a discriminación auditiva a través de este video:

https://www.youtube.com/watch?v=jchuB1MENBs

Seguimos aprendendo unha canción moi bonita sobre o vento cunha proposta musical moi interesante:

https://www.youtube.com/watch?v=pJwN1Rf43Ek&feature=youtu.be&app=desktop

E, para rematar, tomando como base a canción "Debajo un botón" que seguro que xa a coñecen, vos propoño facer un acompañamento, como aparece no video, para o cal necesitaredes uns cascabeis( tamén vos valen un xogo de chaves, maracas...) e uns pauciños a modo de claves ( o poden facer tamén percutindo nun pandeiro, tambor...). Cando na canción se diga "ton,ton,ton" que fagan o ritmo nas claves ( pauciños, pandeiro,tambor...) e cando se diga "tin,tin,tin" farán o ritmo nos cascabeis( chaves, maracas...). Seguro que o fan moi ben!

https://www.youtube.com/watch?v=eukQ1ptftl8

Unha forte aperta para todos e todas!

Powered by Drupal - Design by artinet