Solicitudes

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

ALUMNADO DESTINATARIO

Alumnado matriculado en educación PRIMARIA

a) NON ten que presentar solicitude: o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) TEN que presentar solicitude: o alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (só para alumnado NON BENEFICIARIO da axuda de material escolar)

  1. Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo.
  2. Prazo: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

Anexo I-SOLICITUDE

Anexo II- COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR.

Documentación complementaria .

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no cal deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa presentase a persoa interesada xunto á solicitude de material escolar do curso 2021/22.

2. A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código de procedemento e o órgano responsable, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Autorizacións

Autorizacións para pais, nais ou titores/as legais do alumnado.

Preme enriba de cada unha delas para poder visualizalas e imprimilas.

Solicitude saída do centro dentro do horario  escolar.

 

Solicitude saída do centro autorizando a outra persoa.

Solicitude administración medicación. 

*Imprescindible receita médica

 

Autorización saídas ao contorno próximo ao centro.

 

Autorización para o uso da imaxe.

Documentación

Pretendemos que poidades visualizar, descargar e cumprimentar en liña algúns dos modelos, formularios e documentos propios da Secretaría para facilitar o traballo do Centro e aumentar o grao de eficiencia do mesmo.

DOCUMENTACIÓN PARA CUMPRIMENTAR E IMPRIMIR DIRECTAMENTE POLO PROFESORADO E PERSOAL NON DOCENTE:

1.-Concesión de permisos e licenzas (Delegado Provincial- Anexo IV)

2.-Concesión de permisos e licenzas (Director do Centro - Anexo V)   

DOCUMENTACIÓN PARA CUMPRIMENTAR E IMPRIMIR DIRECTAMENTE POLOS PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO: 

PARA SOLICITAR PRAZA DE MATRÍCULA consultar dende aquí

1.-Solicitude para saír do Centro durante o horario lectivo.

2.-Solicitude para saír do Centro autorizando a outra persoa.

Powered by Drupal - Design by artinet