Nadal

Actuacións Festival Nadal 2013

Que nervios!! Xa queda pouco!!

Mañá celebraremos o festival de Nadal no cole, aquí tedes a orde de actuacións...recordade que comezamos ás 12:00!!

-Os nenos e as nenas de 1ºA eB interpretarán unha obra teatral: "Ana e os biosbardos"

-Os nenos e as nenas de infantil de 3 anos cantarán unha peza musical prehistórica

-4 anos bailará ao ritmo de "Rodolfo el reno"

-Chegan os de 5 anos para cantar e tocar un Nadal Prehistórico.

-O alumnado de 2º A e B cantarán "Os inventos"

-3º A e B cantarán "Paxariños voadores"

-"Noite de paz" estará interpretada por 4ºA e B

-Para rematar o terceiro ciclo de primaria tocará e cantará NABUCCO de Vervi

-Un momentiño...aínda non rematamos....Os Reis Magos de Oriente achegaranse ata Arzúa!!!

Nadal 2012

Este Nadal mergullámonos no mundo dos contos!!

Preme aquí para ver algunha imaxe do festival.

Graciñas, de novo, á ANPA "O Formento" por traernos aos Reis Magos, a Papá Noel e ao Apalpador.

Nadal 2012

O Apalpador no cole

O Apalpador estivo no cole!! Graciñas á ANPA por chamalo e pedirlle que viñese, encantáronnos os agasallos que nos trouxo!!!

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

O Apalpador

Nadal

Unha obra de teatro, cantigas tradicionais, Papá Noel, lingua de signos, panxoliñas, pintores no portal, baile moderno, violinistas, os Reis Magos, poetas, e incluso uns mestres e mestras que desafiaron aos tres tenores, reuníronse no festival de Nadal.

En tempo de Nadal

O Nadal no cole está sendo do máis artístico! Todos os recunchos están cheos da maxia típica destas datas. Graciñas a todos os que contribuides a crear parte desta maxia tan "modernista", sobre todo, ao alumnado e ás familias que nos axudaron a pintar as botellas para esta árbore de Nadal.

O día 22 de decembro imos celebrar o tradicional Festival de Nadal, ao que estades todos convidados. Aquí tedes o programa para que vexades a orde das actuacións.

Visita de Papá Noel ás aulas

11:00 horas

4ºA e B. Panxoliña: Imonos xa pra aldea

6ºA. Panxoliña: Con un sombreiro de palla

5 anos A e B. Teatro: Os Reis Magos quedan sen gasolina

3º A e B. Panxoliña: Teño no meu lar

6º B. Cantiga tradicional: Sementeira

5º A e B: Cantiga en L.S.E.: Más allá

12:00 horas

Descanso

 12:30 horas

3 anos A e B. Panxoliña: Xa chega o Nadal

  Baile: Bugui-bugui

5 anos A e B.Teatro:Os reis magos quedan sen gasolina

4 anos A. Poema: O arco da vella

Panxoliña: Os Reis Magos

1º A. Nana: Pequeniño, pequeniño

2º A e B. Chachachá navideño:Os pintores imos ao portal

5º A e B. Cantiga en L.S.E: Más allá

ACTUACIÓN SORPRESA!!

Visita dos REIS MAGOS

Powered by Drupal - Design by artinet