Hoxe, día 21 de maio, tivemos un obradoiro impartido por Alex e por Alejandra sobre a DIVERSIDADE SEXUAL.
Constou de dáus partes:
- Visionado dun vídeo ou curta que facía referencia aos contidos a traballar: homosexualidade, heterosexualidade...liberdade de poder ser nóa mesmos e mesmas, diferentes tipos de familias...Posteriormente un pequeno debate e charla sobre o visto no mesmo, que foi moi interesante e motivador: sairon palabras como RESPECTO, LIBERDADE, AMOR, AXUDA, ANIMO...
- Elaboración de sete murais por grupos das cores e un para todo o centro, mural inclusivo onde deixaremos por escrito as nosas palabras, as nosas emocións e pensamentos.
O resultado foi o seguinte, uns murais fermosos e moi significativos:
Foi moi ameno e formador, axudando a reforzar e visibilizar a diversidade no mundo que nos arrodea.