Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

O vindeiro luns 3 de outubro ás 17:00horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 5º.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia e sen os/as nenos/as.

Xúntase listaxe de material.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA

O vindeiro luns 26 de setembro ás 17:00 horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 3º.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia e sen os/as nenos/as.

A entrada ao centro será pola porta de acceso principal (porta do telefonillo).

Xúntase listaxe de material.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA

O vindeiro luns 12 de setembro ás 17:00horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 2º.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia e sen os/as nenos/as.

A entrada ao centro será pola porta de acceso principal (porta do telefonillo).

Xúntase listaxe de material.

POR FAVOR, O XOVES,  COMUNICADE MEDIANTE A AXENDA SE O/A NENO/A USA O COMEDOR E A HORA DE SAÍDA DO CENTRO.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA

O vindeiro martes 6 de setembro ás 16:30 horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 1º.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia e sen os/as nenos/as.

A entrada ao centro será pola porta de acceso principal (porta do telefonillo).

Ao longo do luns 5, as titoras poñeránse en contacto coas familias para confirmar a vosa asistencia.

Un saúdo.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

O vindeiro luns 17 de xullo ás 12 horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará na aula de 4º de Infantil (3 anos).

Esta reunión terá lugar na biblioteca do centro.

Agardamos a vosa asistencia.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN

No seguinte arquivo poden acceder  aos criterios CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN.

LISTAXES PROVISIONAIS SERVIZO COMEDOR CURSO 2022_23

O Consello Escolar reunido o 15 de xullo de 2022, acorda adxudicar provisionalmente as prazas que aparecen no listado publicado no taboleiro do centro, ou nos documentos adxuntos, e que cumpren todos os requisitos recollidos na instrucción 2/2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2022/23.

Estas prazas están condicionadas a:

  1. Protocolos que publique a Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade para a organización de comedores escolares.
  2. Dispoñibilidade de colaboradores/as suficientes para atender o servizo cumprindo con todas as medidas.
  3. Calquer outra circunstancia que incida directamente no desenvolvemento do servizo.

O prazo de subsanación de documentación é de 5 días, rematando o venres 22 de xullo.

LISTAXE DEFINITIVO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2022/23 E VALES DE MATERIAL

FONDO LIBROS:

Rematados os prazos correspondentes, publicamos a listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario de libros de texto convocadas na Orde do 29 de abril de 2022. Esta adxudicación corresponde ao alumnado de 3º e 4º de primaria.

Poden consultalas no taboleiro interior de anuncios do centro.

Ao alumnado que aparece nas listaxes, entregaráselles ao comezo de curso os libros asignados nas súas titorías. Lembren as familias, que hai libros e cadernos de traballo que deben mercar ao non estar incluídos no fondo solidario.

VALES DE MATERIAL:

A partir do xoves 14 de xullo, pódese pasar a recoller os vales de material escolar e de libros concedidos no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar (Orde do 29 de abril de 2022).

Estes vales entregaranse ás familias na secretaría do cento en horario de mañán (9:30 a 13.30 h.) ata o 22 de xullo ou a partir do 1 de setembro, presentando a copia do rexistro de solicitude.

Estas axudas serán entregadas aos  pais/nais ou no caso de delegar noutra persoa deberá traer unha autorización asinada.

LISTAXES PROVISIONAIS AXUDAS DE MATERIAL E FONDO DE LIBROS CURSO 2022_23

Publicamos no taboleiro interior de anuncios do centro a LISTAXE PROVISIONAL correspondente ao fondo de libros (3º e 4º de primaria), e a listaxe de vales de libros e material escolar para o curso 2022/23.

Poden consultalo no centro en horario de 9:30h a 13:30h.

 As persoas que presentaron a solicitude de maneira telemática, poden consultar a resolución a través da aplicación "FONDO LIBROS" unha vez publicadas as listaxes definitivas.

 Contra a presente LISTAXE PROVISIONAL, establécense  os dous días seguintes á publicación da mesma de prazo de reclamación.

SOLICITUDE PERSOAL COLABORADOR/ DE COMEDOR ESCOLAR

Ata o día 7 de setembro, estará aberto o prazo para solicitar praza de colaborador/a para o servizo de comedor escolar deste centro educativo.

Poderán optar a ser colaborador/a calquera pai/nai, titor/a legal ou acolledor familiar de alumnado matriculado durante o curso escolar 2022/23

Para facer a solicude debe cubrir o impreso correspondente, que pode atopar nesta mésma páxina ou na secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut