Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

LISTAXES PROVISIONAIS AXUDAS DE MATERIAL E FONDO DE LIBROS CURSO 2022_23

Publicamos no taboleiro interior de anuncios do centro a LISTAXE PROVISIONAL correspondente ao fondo de libros (3º e 4º de primaria), e a listaxe de vales de libros e material escolar para o curso 2022/23.

Poden consultalo no centro en horario de 9:30h a 13:30h.

 As persoas que presentaron a solicitude de maneira telemática, poden consultar a resolución a través da aplicación "FONDO LIBROS" unha vez publicadas as listaxes definitivas.

 Contra a presente LISTAXE PROVISIONAL, establécense  os dous días seguintes á publicación da mesma de prazo de reclamación.

SOLICITUDE PERSOAL COLABORADOR/ DE COMEDOR ESCOLAR

Ata o día 7 de setembro, estará aberto o prazo para solicitar praza de colaborador/a para o servizo de comedor escolar deste centro educativo.

Poderán optar a ser colaborador/a calquera pai/nai, titor/a legal ou acolledor familiar de alumnado matriculado durante o curso escolar 2022/23

Para facer a solicude debe cubrir o impreso correspondente, que pode atopar nesta mésma páxina ou na secretaría do centro.

CONVOCATORIA REUNIÓN PAIS/NAIS 4º ED. INFANTIL (3 ANOS)

 O vindeiro luns 4 de xullo ás 11:00h, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará en 4º de infantil (3 anos).

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia e sen nenos/as. A reunión terá lugar na aula de psicomotricidade de infantil.

A entrada ao centro será polo portalón de acceso dende os buses.

Agardamos a vosa asistencia.

SOLICITUDE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022 - 23

Apertura do prazo de solicitude para os SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR para o curso 2022-23 dende o luns 4 ATA O 13 DE XULLO inclusive,  en horario de 9:30h a 13:30h.

Documentación a presentar:

  • Solicitude servizos complementarios Transporte e Comedor escolar.
  • Autodeclaración (Obrigatorio)
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar actualizado (Obrigatorio).
  • Documentación que acredita descapacidade alumnado.
  • Documentación que acredita pertencer a familia numerosa.
  • Incompatibilidade de horario laboral:

-Informe de vida laborar ou certificado de Persoal se é empregado público.
-Certificación da empresa do horario laboral ou duración da xornada laboral.
-Autónomos: 1- Certificación xustificativa de alta no IAE.

                    2-Declaración xurada responsable de horario laboral.       

 

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

Xúntase listaxe de libros de texto para o curso 2022/2023 correxido.

Desculpen as molestias.

PAGO TAXAS SERVIZO DE COMEDOR

O alumnado pendente de pagar as taxas do servizo de comedor, pode recoller as mesmas na conserxería de centro do 1 ao 11 de xullo.

Lembren que poden facer o pago mediante a aplicación ABALAR.

Teñen a súa disposición información na web na sección de TITORIAIS.

MATRÍCULA ALUMNADO INFANTIL E PRIMARIA e SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR

O alumnado que XA ESTÁ NO CENTRO, NON ten que formalizar de novo a matrícula.

A día de hoxe, non están publicadas as instruccións para solicitar o servizo de transporte e comedor escolar. Prégase estén pendentes dos avisos que se irán publicando en web.

Dirección

ALUMNADO DE RELIXIÓN - VALORES CÍVICOS E SOCIAIS

O alumnado que queira facer modificación na matrícula de Relixión Católica a Valores Cívicos ou viceversa, debe facelo en período de matrícula ata o 30 de Xuño.

En setembro non se poderá facer modificación.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN 2022.

Como cada ano dende o CEIP de Pedrouzos queremos desexar un bo verán a todos cheo de lecturas.

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións.

MATRÍCULA ALUMNADO CURSO 2022-23

 PRAZO DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO

 

O alumnado que obtivo praza neste centro, pode formalizar a matrícula cumprimentando o ANEXO III, xunto a seguinte documentación:

  • Fotocopia dos DNI.

  • Fotocopia do libro de familia.

  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar, sempre que cambiase a situación.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.

  • Autorización de permiso de imaxe e saídas extraescolares.

  • Cuestionario de alerxias e intolerancias alimentarias, se procede.

  • Enquisa uso familiar lingua.

  • Cuestionario uso da lingua.

  • Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Pódense descargar os impresos nos documentos adxuntos ou ben solicitalos na conserxería do centro.

 

O horario de atención ás familias será de luns a venres de 9:30 a 13:30h.

Distribuir contido


by Dr. Radut