Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 - 2024

O 1 DE MARZO, abre o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2023-24 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo do 2023

Esta solicitude deberase presentar preferiblemente por SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, no centro educativo solicitado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Poden descargarse os impresos accedendo a web da Consellería, e tamén estarán a disposición das familias no propio centro a partir do 1 de marzo. 

HORARIO DE ATENCIÓN EN CENTRO:  - Todos os días de 9:30 a 13:30h.

                                                                    - Luns 6, 13 e 20 de marzo de 15:30h a 17:30h.

ENLACE WEB ADMISIÓN ALUMNADO

 

Documentación Admisión:

  • Impresos de solicitude (ED550B - anexo II)
  • DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do Libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demáis membros da unidade familiar.
  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede.
  • Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero.
  • Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras que carezan de DNI ou NIE.

 *De toda a documentación relacionada (salvo a folla de empadroamento), DEBERÁN TRAER AS FOTOCOPIAS FEITAS xunto cos documentos orixinais para poder proceder ao cotexo dos mesmos.

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 2º TRIMESTRE 2022/2023

Xuntamos menús correspondentes ao 2º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2023-2024

Teñen que facer solicitude de permanencia de praza o alumnado deste centro que vai continuar os seus estudos aquí para o curso seguinte, ou reserva de praza para alumnado de centros adscritos, (EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns).

Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Documentación:

 - ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos, (Escolas unitarias e Alumnado de 6º)

 - Documento de solicitude de reserva para o propio alumnado do centro (enviouse a través do alumnado ás familias).

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA NADAL

Dende a biblioteca do CEIP Pedrouzos enviamos unhas recomendacións de libros para o Nadal. Unha aperta e boas festas.

BADALADAS 2022!!

Prezadas familias: O vindeiro xoves 22 de decembro, último día deste trimestre, celebraremos no centro unha festa para todo o alumnado simulando as "BADALADAS de FIN de ANO" e tomando as uvas (que substituiremos por gusanitos). Os rapaces e as rapazas que queiran, poderán vir vestidos/as de xeito elegante para dita celebración. Ademáis faremos unha chocolatada e tomaremos rosca para acompañar. Tendo en conta sempre as alerxias e intolerancias alimentarias. Para rematar, todos e todas gozaremos dunha sesión de baile.

PASÁDEO BEN E QUE TEÑADES UNHAS BOAS FESTAS DE NADAL.

EQUIPO DE ACTIV. EXTRAESCOLARES. 

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2022

Logo da votación para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR e do Claustro do centro, fánse públicas as candidaturas elexidas.

CANDIDATURAS ELEXIDAS PAIS E NAIS:

  • Blanco Bonjour, Andrea
  • Rodríguez Vázquez, María José
  • García Otero, Jesús
  • Tembra Piñeiro, Ana Isabel

CANDIDATURAS ELEXIDAS CLAUSTRO DE PROFESORADO:

  • Vidal Puga, Mª del Pilar
  • García Blanco, Mª del Carmen
  • Castro Díez, Eva
  • Fernández Fuentes, Victor Manuel
  • Signiorini Míguez, Carlos

Poden consultarse os resultados da votación no taboleiro do centro.

DIRECCIÓN

A BIBLIOTECA ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS.

E por fin... Chegou o día... A biblioteca abriu as súas portas...

Hoxe visitounos para a inauguración Sonia Blanco que veu a presentarnos "A pedra vermella" para os máis pequenos e pequenas do colexio!

   

   

Distribuir contido


by Dr. Radut