Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

CANTANDO CON ROSALÍA

 

     cara rosalia poema               

Hoxe 23 de febreiro para conmemorar o Día de Rosalía fixemos a presentación do lipdub "Cantando con Rosalía", no que participa todo o alumnado. 

A "Banda da Balbina" colaborou coa versión musical do poema "Has de cantar" de Rosalía de Castro adaptada á nosa escola.  

Agradecemos a súa colaboración así como a das familias que participaron na gravación e edición deste traballo.  

Agardamos que o disfrutedes tanto como o disfrutamos nós.

BO DÍA DE ROSALÍA.

 
 

XORNADAS PORTAS ABERTAS 2024

O luns, 4 de marzo, hai unha xornada de portas abertas na nosa escola para as famlias do alumnado de nova incorporación. Será ás 17.00 horas na biblioteca da escola. 

Importante: O alumnado dos centros adscritos NON ten que facer o proceso de admisión. Só terá que facer a matricula do 20 ao 30 de xuño.

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 2º TRIMESTRE 2023/2024

Xuntamos menús correspondentes ao 2º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

RESERVA PRAZA ALUMNADO CURSO 2024-2025

Ábrese o prazo para a reserva de praza dos centros adscritos, (EEI dos Ánxeles - EEI de Sabaxáns).

Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso de seguir estudos no IES de Brión.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Documentación:

 - ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos, (Escolas unitarias e Alumnado de 6º).

 

ACCESO WEB CONSELLERIA

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Dende o equipo de biblioteca do CEIP Pedrouzos queremos compartir unhas recomendacións de lectura para esta época de Nadal. Boas vacacións a tod@s!

BO NADAL!!

             

Samaín 2023

Vaia cole máis terrorífico. O colexio de Pedrouzos mete medo en Samaín!


O alumnado de 1º e 2º de Educación primaria fixeron unha manualidade de Halloween. Spooky!

              

Pago de Comedor Escolar (Titorial)

A partires do próximo mes de xaneiro, o pagamento do recibo emitido polo centro educativo, deberá ser aboado ata o día 20 do mes no que reciben dito recibo, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.

LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:45 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.

Dita ausencia comunicarase directamente ao correo electrónico comedor@pedrouzos.gal. 

 

RECOMENDACIÓNS PREVIAS:

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 1º TRIMESTRE 2023/2024

Xuntamos menús correspondentes ao 1º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

Distribuir contido


by Dr. Radut