Blog de Voz Natura
DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
Enviado por karinaromero o Lun, 29/01/2024 - 14:58
O 26 de xaneiro é o DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL, Tepo e Tepa mostráronnos algúns interesantes libros sobre os paxariños e puidemos saber o importante que son as ábores para eles.
Para colaborar a que veñan ao noso patio, colocamos unhas casiñas para eles, a ver se se animan a aniñar nelas!!!!
- %count lecturas
TEPO E TEPA ANUNCIAN: NOVA MISIÓN.
Enviado por rgdiegues o Dom, 07/01/2024 - 21:42Tepo e Tepa tiñan un novo reto para nós.
A decoración dunha árbore de Nadal con elementos naturais. E mirade o ben que quedou...
As rapazas e os rapaces deste cole son uns verdadeiros artistas!
E familias, mil grazas polas vosas achegas. Aquí tedes unha mostra da fantástica decoración de Nadal.
- %count lecturas
E O OUTONO ESTÁ A PIQUES DE REMATAR...
Enviado por karinaromero o Xov, 14/12/2023 - 15:08Aquí mostramos os últimos traballiños feitos polo noso alumnado, baseados na arte e na plástica, agora xa son máis expertos sobre a nosa fauna autóctona.
A través do coñecemento e concienciación poderemos
"PROTEXER O NOSO MONTE"
- %count lecturas
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA
Enviado por rgdiegues o Dom, 10/12/2023 - 22:16Neste pasado mes de novembro conmemoramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
A nosa Tepoteca tamén quixo unirse coa realización do obradoiro "SOS, a Terra".
A continuación, clicade na imaxe para ver o vídeo.
- %count lecturas
MAGOSTO 2023
Enviado por nereacastroroa o Lun, 13/11/2023 - 12:44Un Magosto cheo de boa música, convivencia, castañas... O tempo non acompañou pero... non impediu que gozáramos dunha boa xornada!
Grazas á ANPA polas castañas, que estaban ben ricas!!!
O teu navegador non soporta este vídeo.
- %count lecturas
SAMAÍN 2023
Enviado por nereacastroroa o Lun, 13/11/2023 - 12:36Tepo e Tepa programaron unha morea de actividades neste Samaín: exposición de libros terroríficos, lecturas ás escuras na Hora de Ler, exposición de seres elaborados con cabazas e elementos naturais, photocall, merendas terroríficas, ambientación do centro, manualidades, tragamedos... Disfrutámolo moito!
- %count lecturas
CHEGOU O OUTONO
Enviado por karinaromero o Mar, 07/11/2023 - 18:05CHEGOU O OUTONO!!!!! e con él un montón de actividades e aprendizaxes que facemos no noso cole en todos os cursos.
Que bonita é esta estación!!
- %count lecturas
18 de outubro: DÍA MUNDIAL DA PROTECCIÓN DA NATUREZA
Enviado por karinaromero o Mar, 24/10/2023 - 16:14No noso cole quixemos festexar esta data tan importante para nós, nesta ocasión foi o alumnado de 2º de primaria quenes, coas súas mensaxes de concienciación, quixeron aportar o seu gran de area para conseguir a nosa misión para este curso:
PROTEXER OS NOSOS MONTES
Clicade no adxunto para poder ver as mensaxes.
- %count lecturas
DÍA DAS BIBLIOTECAS.
Enviado por rgdiegues o Mar, 24/10/2023 - 12:29Hoxe, martes 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas.
Tepo e Tepa tiñan preparado para o todo alumnado unha sorpresiña!
Iniciabamos o novo proxecto!
A continuación tedes unha mostra en imaxes de todo o que fixemos.
Comeza a nosa misión!
- %count lecturas
LIMPANDO A NOSA HORTA
Enviado por karinaromero o Ven, 06/10/2023 - 13:50O alumnado de 3º curso xa se puxo mans á obra e comezou a preparar a terra para a futura plantación. Imos probar con colleita de outono - inverno, a ver se temos boa colleita!!!!
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »