Skip to Content

REBORRADIO 

 

Día das bibliotecas

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Hoxe, martes 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. 

Tepo e Tepa tiñan preparado para o todo alumnado unha sorpresiña!

Iniciabamos o novo proxecto!

A continuación tedes unha mostra en imaxes de todo o que fixemos.

Comeza a nosa misión!

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O luns 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas resolvendo uns retos que apareceron no noso cole. E como somos uns fantásticos investigadores, despois dunha gran tarefa, conseguimos superalos todos!

Averiguamos que o tema do noso proxecto de centro para este curso será o cine, e descubrimos que o nome elexido para a biblioteca é a Tepoteca.

Ademais Tepo e Tepa tíñannos unha sorpresa final. Unha vez resoltas todas as probas, apareceron uns cofres. Averiguamos a contrasinal e abrimos o cadeado. No seu interior había entradas para acudir ao cine a Vigo.

Foi unha mañá moi especial e esperamos máis sorpresas!

Estade atent@s!

 

 

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS! RETOS....SUPERADOS!

 

Día das bibliotecas

Álbum: Curso 2017-2018 -> Día das bibliotecas

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas. Co obxectivo de presentar a Biblioteca do Centro como un lugar de encontro do alumnado e profesorado, a nosa mascota TEPO enviou a todas as clases unha invitación para asistir á lectura de diferentes contos na Biblioteca. Ademais deixou,  como agasallo en cada aula, un cartel de animación á lectura de Bibliotecas Escolares recollido polo profesorado do Centro, que asistiu aos II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, celebrado en Santiago os días 17 e 18 de outubro.

              FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES !!

            

Distribuir contido


by Dr. Radut