try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

EduExcelencia

OS ANIMAIS DO MONTE ALOIA EN ARTE

O alumnado plasmou a súa creatividade nas sesións de Plástica creando os animais que no noso monte habitan.

Menudos artistas!!!!

PROTEXEMOS OS NOSOS MONTES

Para fomentar o coidado e protección dos nosos montes, o alumnado do cole traballa diferentes temáticas relacionadas co noso proxecto, podedes ver portas e paredes dos corredores con mensaxes e carteis para concienciar o respecto á natureza.

OBSERVAMOS E EXPERIMENTAMOS

O alumnado de 3º de Primaria ven de facer unha actividade de OBSERVACIÓN, deste xeito, poderá coñecer cánto tarda en xermolar unha semente e ver o proceso de crecemento da mesma.

Estan feitos un expertos!!!

ANDAINA MUÍÑOS DO RÍO TRIPES

Grazas a Voz Natura e á colaboración da Asociación Muíños do Tripes e Discamino puidemos gozar dunha preciosa ruta pola contorna do Monte Aloia.

Aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopabamos no camiño e así colaborar a manter limpo o noso monte.

Observamos animais que habitan neste parque natural como pequenos morcegos que durmían dentro dos muíños, zapateiros que nos indican a limpeza das augas que pola senda transcorren e ata unha serpe bebé!!!

 

Podedes ver no seguinte video o ben que o pasamos!!!  

 
Para esta saída contamos cunha colaboración moi especial "Discamino", asociación composta por voluntarios que de xeito totalmente altruísta, axudan a todo aquel que non é quen de facer o camiño por sí só. Eles montaron o seguinte video o cal compartimos.
GRAZAS POLA VOSA LABOR!!!
 
 
Tepo e Tepa, coma sempre, móstrannos todo o que podemos aprender nos libros, aquí temos dous exemplares dun dos nosos guías na ruta,  Alberto Romero.
 
 
 
GRAZAS ASOCIACIÓN MUÍÑOS DO TRIPES
 
 

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe é o día da árbore, un día moi importante para o noso centro xa que a nosa Tepomisión é precisamente "o coidado dos nosos montes".

Levamos semanas traballando a figura de Wangari, unha mulller referente para nós, xa que grazas a ela, o seu pobo natal, en Kenia, volve a ter árbores onde antes soamente había deforestación.

No cole fixemos a nosa pequena aportación cultivando sementes.

COÑECEMOS O BOSQUE ATLÁNTICO

Tepo e Tepa sorprendéronnos unha vez máis cunha interesantísima visita. 

O educador ambiental, Marcos Guiadanes, enriquecía o noso proxecto de centro cunha charla sobre o Bosque Atlántico.

Explicounos a importancia que teñen as árbores autóctonas no equilibrio ecolóxico, para a fauna e especialmente para as aves; coñecemos as especies forestais foráneas máis daniñas para o equilibrio ecolóxico e recoñecemos as vinte e cinco especies arbóreas autóctonas da nosa contorna.

Nós estivemos encantados e encantadas!

Por un bosque de coñecemento!

 

 
 
 

2 DE FEBREIRO: DÍA DA CANDELARIA

Xa que temos colocadas as casiñas para os paxariños, o alumnado de 5º de Primaria animouse a crear uns HAIKUS, poesías de orixe xaponés, que nesta ocasión, teñen temática relacionada coas aves.

 

DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

 

O 26 de xaneiro é o DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL, Tepo e Tepa mostráronnos algúns interesantes libros sobre os paxariños e puidemos saber o importante que son as ábores para eles.

Para colaborar a que veñan ao noso patio, colocamos unhas casiñas para eles, a ver se se animan a aniñar nelas!!!!

 

18 de outubro: DÍA MUNDIAL DA PROTECCIÓN DA NATUREZA

No noso cole quixemos festexar esta data tan importante para nós, nesta ocasión foi o alumnado de 2º de primaria quenes, coas súas mensaxes de concienciación, quixeron aportar o seu gran de area para conseguir a nosa misión para este curso:

PROTEXER OS NOSOS MONTES

Clicade no adxunto para poder ver as mensaxes.

 

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS: TEATRO

Ola, familias!

O alumnado de 2º de primaria quixo cooperar na celebración das Letras Galegas cunhas obras de teatro que levan todo o curso preparando. Levaron a cabo todo o proceso creativo dende elexir as obras ata facer vestiarios e decorados. Que ben nos viñeron os cartóns do material de Polos Creativos!

Agardamos que as gocedes tanto como o fixeron elas e eles no escenario. Abrimos o pano!

VIVA O TEATRO

A MELLOR SOPA DO MUNDO

Distribuir contido