Skip to Content

REBORRADIO 

 

novas

Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2014 - 15

Os vindeiros 12 e 13 de marzo terán lugar en Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, unha cita anual do profesorado que coordina e representa aos equipos de bibliotecas escolares dos centros integrados neste programa. No presente curso participan deste Rede de bibliotecas escolares que supón o PLAMBE, un total de 550 centros distribuídos por toda a xeografía do país.

Como centro intregrado neste programa, representantes do profesorado asistirán a estes Encontros.

 

Quilómetros de Solidariedade

Chega o 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e non Violencia, e con  este motivo imos realizar as seguintes actividades:

              O grupo " Juan XXIII" representará unha obra teatral.

              Van Gogh é o artista que imos traballar en "CompARTE  a PAZ".

               O alumnado repartirá "Caramelos Solidarios".

               Carreira " Quilómetros de Solidariedade" por Mali.

Na biblioteca podes coñecer a Van Gogh...

         

 

 

Ou consultar un atlas para buscar información sobre Mali.               

 

         

Sementando libros

Nos vindeiros días unha comisión formada por alumnado de 4º, 5º e 6º  presentará , ao resto de alumnos e alumnas do centro, as actividades que van realizar dentro do proxecto VOZ NATURA.

Na biblioteca podemos consultar unha serie de obras relacionadas...

           

SEMENTA IDEAS, RECOLLE FUTURO

 

 

Novembro, mes da CIENCIA en GALEGO

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de Manifesto,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 

 

                

 

 

Actividades no Día da Biblioteca

Como vimos facendo nestes últimos anos, para celebrar  o Día da Biblioteca realizamos diversas actividades :

            Nos corredores fixemos unha exposición de libros  ...MATEMÁTICOS ¡

                     

          O alumnado do 1º ciclo de Primaria elaborou  marcapáxinas  coma estes...

 

Aula Abalar - Proxecto Libros Dixitais

Marcos, Elena, Sheila, Adrián, Anas, Jose Antonio, Ismael,Omaima ,Ángel e Manuel son os alumnos e alumnas de 5º de EP que se incorporaron este curso a aula Abalar, e están a traballar no proxecto Educación Dixital.

Trátase dunha contorna virtual de aprendizaxe con libros dixitais en tódalas áreas.

    

                                                     O alumnado traballa co libro dixital .

24 de outubro , Día da Biblioteca 2014

O 24 de outubro é unha data sinalada no calendario de todas as bibliotecas ,pois desde os anos 90 celébrase o  DÍA DA BIBLIOTECA en recoñecemento ao labor que exercen todos os bibliotecarios e todas as bibliotecarias a prol da lectura, da educación e da cultura.

Como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras ,o lema elixido para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar... matemático!!!, salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar nos centros educativos e busca espertar, ao tempo, o interese polas matemáticas. A ilustración corresponda á interpretación que deste lema fixo  David Pintor. 

 

                                                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

" Prohibido ler a Lewis Carrol" , Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Fanático da obra de Lewis Carrol, o autor español Diego Arboleda (Estocolmo, 1976) obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa novela "Prohibido ler a Lewis Carroll". Arboleda e o ilustrador Raúl Sagospe dan vida neste libro a Alice, unha nena apaixonada por Alicia no país das marabillas, e a uns pais que non queren que a súa filla se decate de que a verdadeira Alice Liddel, de 83 anos, en quen se tería inspirado Carroll para a obra clásica, se encontra na súa cidade e por quen a pequena sente verdadeiro entusiasmo, ao punto de que se viste e peitea igual.

O xurado considera que Prohibido ler a Lewis Carroll é "unha obra extremadamente orixinal, cun brillante sentido do humor e un gran ritmo narrativo. O texto, recreación dunha época, está salpicado de referencias literarias e históricas. Destaca polos seus personaxes sólidos e moi ben construídos, así como pola fina ironía dos xogos lingüísticos,". A novela logrou varios premios nacionais e internacionais.

 

                                           Autorretrato de Diego Arboleda e Rául Segospe.

 

 

"Nicomedes o Pelado"de Pinto&Chinto, entre os mellores do mundo

O libro " Nicomedes o Pelado" dos autores galegos Pinto&Chinto, editado por Kalandraka, forma parte da selección de 2014 de The White Ravens, lista que cada ano realiza A BIblioteca Xuvenil Internacional de Munich,da que só forman parte 200 títulos de literatura infantil e xuvenil publicados en todo o mundo.

 

Ledicia Costas , premio Merlín de Literatura Infantil 2014

Por unanimidade resultou gañadora do premio Merlín de Literatura Infantil a novela "Escarlatina. A cociñeira defunta " de Ledicia Costas, unha autora que ten recente aínda a publicación neste mesmo ano de Recinto Gris (Xerais) e conseguiu con O corazón e Xúpiter (Xerais, 2012) o premio Neira Vilas e o da AELG ao mellor libro infantil e xuvenil.

"A acertada elección de ingredientes, o emprego dos utensilios axeitados e a destreza no modo de preparación complétanse cun enfornado extraordinario, que é conseguido a través da magnífica recreación dese Inframundo, no que Escarlatina e Román, que sente auténtica devoción pola cociña, procuran un manxar que guste a vivos e mortos para alcanzaren os seus propósitos”, sentenciou o xurado nunha novela que, de volta, define como “delicia literaria”.

 

,        

                                                                       Ledicia Costas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut