Skip to Content

REBORRADIO 

 

novas

Unha mestra galega precursora do "ebook"

O cambio de século trouxo consigo a revolución dixital do mundo editorial, pero máis  de cincuenta anos antes unha   mestra galega xa ideara un soporte único para poder ler diferentes libros. O sistema ideado estaba baseado nuns carretes intercambiables con textos   escritos.

Corría o ano  1949 e   a    Enciclopedia Mecánica ideada   por Ángela Ruíz quizáis fose demasiado adiantada para o seu tempo, xa que non obtivo financiación para o invento.

 

 

                                                

                                                                                     Ángela  Ruíz

 

 

A escritora Fina Casalderrey ingresa na Real Academia Galega.

 A   escritora de Xeve ( Pontevedra, 1951) ingresou   na RAG, pronunciando un discurso no que confesou que   en   realidade " é  unha mestra de escola a  quen lle deu por escribir".

 A nova académica  é autora dunha   extensa    obra, especialmente  no campo  da    literatura    infantil  e xuvenil, que  arrancou en 1991 coa novela  infantil  "Mutacións xenéticas".Obra  á que  seguiron entre outras,  " Dúas   bágoas   por Máquina".

No ano 1995 gañou o   premio nacional de literatura infantil  e xuvenil coa    obra  "O misterio dos fillos de Lúa".

 A autora visitou  a nosa biblioteca  o curso pasado,contestando a todas as  preguntas sobre a súa obra e rematando a visita coa firma de exemplares.           
 

  

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut