Skip to Content

REBORRADIO 

 

2022-2023

BOOKTUBERS

Temos novas recomendacións dos nosos booktubers.

Clicade nas imaxes para velas.

 

SABELA GAGO VISITOU A TEPOTECA

Sabela Gago acudiu á Tepoteca e compartiu con nós unha xornada moi especial, chea de historias, emocións, risas e fantásticos contos.

Moitísimas grazas!

 

SEGUIDE O CAMIÑO DAS BALDOSAS AMARELAS

Durante a semana de conmemoracións do Día do libro, unha mensaxe apareceu nas clases. Esta mensaxe pertencía á película "El mago de Oz" e poñía... 

"seguide o camiño das baldosas amarelas..."

E así o fixemos!

Clicade no vídeo e mirade o que atopamos.

 

APADRIÑAMENTO LECTOR: CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO

O apadriñamento lector é sempre un éxito.

Ao compartir lecturas cos cativ@s, medran tod@s... grandes e pequen@s!

BOOKTUBERS

Esta vez animáronse Carmen, Iara e Brais, alumnos de sexto de primaria.

Tres propostas máis, para que os maiores do cole, teñan para elexir.

Parabéns!

Clicade nas imaxes para ver os vídeos.

 

FAMILIAS: OS NOSOS CONTOS BUSCAN VOZ.

Ola, familias!

Aquí tedes a primeira entrega da vosa fantástica participación na actividade "Os nosos contos buscan voz" do programa Lectura e Familias.

BOOKTUBERS

Non podemos estar máis contentos. Xa temos tres máis!

Botádelle un ollo as súas recomendacións!

Parabéns, a Iria, a Xavi e a Naihara!

Clicade nas imaxes para ver os vídeos.

BOOKTUBERS

Xa temos unha recomendación máis. Neste caso, Andrea de 4º de primaria propón un dos libros da colección LOS COMPAS.

Parabéns, Andrea!

Clicade na imaxe para ver o vídeo.

A IMPORTANCIA DAS ABELLAS

O alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria tiveron unha saída a Apípolis, onde aprenderon a importancia das abellas no coidado do noso planeta.

 

Xa logo, no noso cole, o alumnado de 2º de primaria investigaron máis en profundidade e  quixo compartir os seus coñecementos co resto do cole con este mural informativo tan bonito e interesante.


 

E os pequechos e pequechas de 1º primeiro tamén aportaron o seu gran de area con esta colmea tan chula!!!

 

Seguimos cos ODS:

 

FAMILIAS, ESPAZO LECTURA VISITA A TEPOTECA!

Bo día, familias!

O vindeiro martes 9 de maio ás 16:30 horas estades invitados á charla da asociación Espazo Lectura de Gondomar.

Compartirán con vós información sobre un dos temas máis importantes: como acompañar aos vosos fillos e fillas no proceso lector.

Non perdades a oportunidade de acudir!

Contarán a súa experiencia como familias no fomento e animación á lectura, e darán criterios para a selección de lecturas.

Esta actividade atópase incluída no programa Lectura e Familias.

O centro proporcionará servizo de atención a cativos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut