Skip to Content

REBORRADIO 

 

2022-2023

OBRADOIRO: BIBLIOTECA CREATIVA

O venres 28 de abril recibimos na Tepoteca a visita de Irimia Fernández Álvarez.

 A rapazada gozou fedellando polos diferentes xogos educativos en galego propostos por Brazolinda.

REBORRADIO CON 1º PRIMARIA: ESPECIAL DÍA DO LIBRO

Ola, familias!

Hoxe os de primeiro quixeron aportar á Conmemoración do Día do Libro un estupendo programa de Reboradio. Estade atentos a estas pequechas e pequechos tan profesionais...

  

 

 

PROGRAMACIÓN DÍA DO LIBRO - 23 DE ABRIL

Durante esta semana Tepo e Tepa teñen preparadas moitas sorpresas paa conmemorar o Día do libro.

Aquí tedes algunha delas. Estade atentos e atentas pois seguriño que hai máis...!

 "Todos os días son o día do libro"

Montse Pena Presas cedeu o texto Dar de ler para a celebración do día do libro nas bibliotecas escolares.

Charla para familias - Plan Director

Ola, familias!

O vindeiro martes 25 de abril ás 16:30 horas tedes unha cita na Tepoteca

Persoal experto respostará todas as vosas dúbidas sobre ciberseguridade.

O centro proporcionará servizo de atención a cativos.

Esperámosvos!

TUI LE

O venres 14 de abril participamos na XIV edición do TUI LE!

Trátase dun encontro con actividades arredor do libro organizado pola biblioteca municipal de Tui coa participación das bibliotecas escolares de todos os centros de Tui.

O alumnado de segundo e terceiro de primaria do noso cole gozou co espectáculo "As palabras perdidas" de Bea Campos con Inventi Teatro.

A continuación, realizaron tamén o intercambio de libros usados.

Os nenos e nenas de quinto de primaria elaboraron un póster sobre Francisco Fernández del Riego, que foi exposto durante toda a xornada.

Vémonos na proxima edición do TUI LE!

 

CINEMA MARABILLAS - RAQUEL QUEIZÁS

O pasado venres, 31 de marzo, recibimos na Tepoteca o espectáculo da actriz Raquel Queizás, Cinema Marabillas.

Tepo e Tepa tiñan todo preparado para que o alumnado do Ceip de Rebordáns gozara vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos.

E así descubrir que o cine e a literatura van moi unidos. 

Toda unha sesión chea de risas, historias, cine, maxia... encheu a nosa Tepoteca.

Un fantástico xeito de enriquecer o noso proxecto deste curso, Rebordáns, cámara...e acción! 

 

 

Tres das nosas artistas de quinto de primaria agasallaron a Raquel Queizás con unha das súas pequenas creacións. 

Graciñas por compartir o teu talento con nós!

Ata a próxima!

BOOKTUBERS

Estamos moi contentos porque xa recibimos os primeiros vídeos deste curso dos nosos booktubers. 

Non perdades detalle. Parabéns, Samuel e Nerea!

 

Premede nos arquivos que tedes a continuación.

2 de abril - Día do libro infantil - A CHAVE DOS SOÑOS.

No día do libro infantil, 2 de abril, data do nacemento de Hans Christian Handersen, presentávosmos un dos últimos contos que foron éxito durante a hora de ler.

Son un libro, leme... Aí vai a nosa nova recomendación.

Todo comezou cando os nenos e nenas de primeiro de primaria falaron un día sobre os seus soños, algúns non eran moi agradables e daban algo de medo.

Menos mal que Tepo e Tepa tiñan un libro moi especial "As chaves dos soños", agora tanto o alumnado de sexto de infantil coma os de primeiro de primaria, teñen a sús propia chave dos soños e así, coa primeira estrela que brilla no ceo... xa poden abrir a porta máxica e soñar bonito!

 

CINE DE RADIO CON 2º PRIMARIA

Ola familias!
Esta vez foron as intrépidas e intrépidos de 2º de Primaria @s que se atreveron co programa radiofónico de "CINE DE RADIO". O concurso versaba sobre unha das súas cancións favoritas: "DE ELLOS APRENDÍ". Descubrimos as películas que estaban detrás das frases da canción. Premede no PLAY e a disfrutar!
 
 
 

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA

 

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA AUGA, un día no que quixemos crear conciencia sobre a importancia de manter as augas limpas, o noso planeta Terra está cuberto case un 70% de auga, así que podedes imaxinar por que temos que ser conscientes do coidado desta gran parte do noso planeta.

Para isto, volvemos a botar man da nosa TEPOTECA, onde hai libros interesantísimos sobre esta temática, nesta ocasión traballamos o conto:

"Alejo"o cangrexo, tiña que cambiar de cuncha e non atopaba máis que lixo no mar e nas praias.

Esta divertida historia, levou a procurar solucións para evitar situacións como a que lle ocorría a "Alejo".

A solución resultou ser moi sinxela, RECICLAR e tirar cada cousa no lugar axeitado. Así que, o alumnado de 1º curso puxémonos mans á obra:

Lemos, investigamos e divulgamos.

 

Seguimos cos ODS:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut