NOVO PROTOCOLO COVID 19
As Consellería de Educación e Sanidade veñen de elaborar un novo protocolo para as escolas fronte á Covid19, así como o protocolo para a detección de infección con test rápidpo en saliva. Achéganse nos seguintes enlaces:
NOVIDADE IMPORTANTE:
Todos/as os/as nenos/as que obteñan un resultado positivo na proba de antíxenos de autodiagnóstico serán consideradas directamente como caso confirmado de infección activa polo SARS-CoV-2.
Polo tanto, estes/as nenos/as deberán seguir as medidas de illamento dispoñibles na páxina web do coronavirus.
En todo caso, o caso confirmado sempre deberá seguir as indicacións dos profesionais sanitarios que se encarguen do seu seguimento clínico.
Co fin de realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, a persoa responsable do/a neno/a deberá notificar o positivo a Saúde Pública a través do formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na páxina web do coronavirus (ligazón) ou chamar ao 881 540 045.
En ningún caso notificaranse resultados negativos.
Como indica o protocolo de educación, calquera persoa cun resultado positivo deberá informar ao centro educativo desta circunstancia.
Unha vez máis,agradecemos a comprensión e lembramos a toda a comunidade educativa a importancia das medidas de prevención no centro educativo.
RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTEA ADSCRITO
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
-
Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro de orixe:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. -
Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
-
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
LISTAXES DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA
A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase exclusivamente no taboleiro de anuncios do centro o día 11 de xaneiro de 2022.
As persoas interesadas poderán formular reclamación no centro os días 12 e 13 de xaneiro.
A relación definitiva publicarase exclusivamente no taboleiro de anuncios do centro o día14 de xaneiro de 2022.
Serán máscaras hixiénicas reutilizables que cumpran coa normativa UNE 0065, con un número de lavados suficientes para que alcancen para todo o curso.
Para recollelas deberán solicitar cita telefónica a partires do luns 17 na administración do centro. TFNO: 881880609
ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).
Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado
ALUMNADO DESTINATARIO
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a)
Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.
b)
Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
-Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
-Alumnado matriculado en educación especial.
-Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
-Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)
Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
Prazo: do 15 ao 26 de novembro de 2021.
Para o alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore
a un centro docente público titularidade da consellería ou a un privado concertado procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia
pero non sostido con fondos públicos, a solicitude de máscaras poderase presentar no mesmo prazo que a solicitude de libros e material escolar, é
dicir, (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula.
DISTRIBUCIÓN DAS MÁSCARAS AO ALUMNADO
A distribución de máscaras hixiénicas reutilizables ao alumnado realizarase unha vez rematado o procedemento.
RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR
Segundo a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, iníciase o proceso de dita elección ou renovación parcial dos membros do Consello Escolar deste centro.
Cómpre a renovación de dous membros da representación das familias e de tres membros da representación do profesorado.
NOOC "Familias digitales: qué hacer si falla tu ordenador"
O desenvolvemento da competencia dixital do alumnado, como parte do seu proceso formativo, implica o acompañamento e a orientación tanto dos docentes como das familias ao longo do mesmo. Para apoiar ás familias neste labor de acompañamento e seguimento do proceso educativo dos menores en colaboración cos docentes, nace esta iniciativa en colaboración con FAD a través do proxecto Educación Conectada, e o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado, que inclúe ata oito nano cursos abertos, masivos e en liña ( NOOC) sobre diferentes aspectos da competencia dixital.
NOOC
"Familias digitales: qué hacer si falla tu ordenador"
Sabes que facer si se bloquea o teu ordenador, ou si Internet non funciona?
Sabes solucionar os problemas cotidianos que lles poden xurdir aos teus fillos e fillas cando utilizan un ordenador?
Queres coñecer xeitos prácticos de resolver estas incidencias?
|
Apúntate xa a este nanocurso “Familias digitales: qué hacer si falla tu ordenador”
Unha formación gratuita, práctica e breve realizada en colaboración co Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF) que vos permitirá reforzar estratexias educativas e acompañar mellor aos vosos fillos e fillas hijas nos día a día dixital.
¡Reserva agora a túa praza e comeza xa!
|
Información
Formato
Online
Datas
Del 27 de octubre al 5 de noviembre de 2021
Esforzo estimado
180 minutos
Destinatarios
Nais e pais
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »