Novas
ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020-2021
O proceso de reserva e de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), ou entregando o impreso coa documentación na administración do centro,. CLICANDO NESTE ENLACE, PODEDES CONSULTAR OS PRAZOS, VACANTES, DOCUMENTACIÓN A APORTAR...
ADMISIÓN 2020/2021
Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/2021
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en cumprimento do previsto no artigo 29 e na disposición adicional primeira da devandita orde, anuncia a celebración do acto público de sorteo no que se extraerán as letras de prioridade do primeiro e segundo apelido, para resolver os empates na puntuación das alumnas e alumnos no proceso de admisión do próximo curso 2020/2021.
- Día: 26 de febreiro de 2020
- Hora: 10:30 horas
- Lugar: Sala de Xuntas B da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
- Edificio Administrativo de San Caetano, bloque 2, 1º andar,
- Santiago de Compostela.
Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade 2020.2021
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »