Novas

LISTAXES ADMITIDOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2016/17

No Consello Escolar de 30 de xuño, aprobáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido para o Comedor Escolar do curso 2016/17. O prazo de reclamación contra estas listaxes, está aberto dende o 1 ata o 8 de xullo. Pódense presentar devanditas reclamacións na secretaría do centro en horario de 10:00h a 13:00h.

As listaxes estarán expostas  no taboleiro do centro ou consultalas PREMENDO NESTE ENLACE.

 

O alumnado que entregou a solicitude fóra de prazo, formará parte dunha lista de espera ordenada cronolóxicamente  que será resolta no mes de setembro.

 

LISTAXES DE LIBROS, CHEQUES E VALES DAS AXUDAS DA CONSELLERÍA


Por problemas técnicos e informáticos non se poden publicar as listaxes PROVISIONAIS DE LIBROS ADXUDICADOS, CHEQUES E VALES ata novo aviso.

Mantéñense os prazos de  dous días, para a reclamación ás listaxes provisionais, a partir da data de publicación.

Publicaranse nesta web e expoñeranse  na entrada do centro.

Desculpade as molestias.

LISTAS DEFINITIVAS ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS CURSO 2016/17

Elévanse a DEFINITIVAS as listas provisionais publicadas o 18 de abril, por non haber reclamacións nin modificación algunha.  Son aprobadas no CONSELLO ESCOLAR DO 9 DE MAIO.

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 31. Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas

Artigo 32. Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación

1. No caso de centros públicos, contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

3. En ambos casos, a resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa. Na notificación desta resolución á persoa interesada deberá indicarse expresamente, que contra esta cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo, o órgano competente e o prazo para a súa interposición.

Do 20 ao 30 de xuño:

    Formalización da matrícula

con impreso que se recolle no centro a partires do 15 de xuño.

 

SE FINALIZADO O PRAZO DE MATRÍCULA NON SE FORMALIZASE ESTA, DECAERÁ O DEREITO Á PRAZA OBTIDA.

 

LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS CURSO 2016/17


 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 30. PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS E RECLAMACIÓNS

 1. Á vista das solicitudes de admisión presentadas, e unha vez determinada a puntuación resultante de aplicar os criterios de baremo, se é o caso, o centro publicará no seu taboleiro de anuncios e na súa páxina web a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso, por orde da puntuación total obtida.

2. De acordo coas garantías e límites da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes provisionais coa puntuación desagregada dos criterios de baremo na secretaría do centro.

3. As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril de cada ano, indicando expresamente que se

 

 PODERÁ FORMULAR RECLAMACIÓN NO PRAZO DE 5 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DO SEGUINTE AO DA SÚA PUBLICACIÓN, ANTE O CONSELLO ESCOLAR. (PRAZO DE RECLAMACIÓN  ATA MARTES 26 DE ABRIL)

 

1.LISTAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

2.LISTAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 

3.LISTAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2016/17

DÍPTICO INFORMATIVO INICIO DE CURSO