Skip to Content

Campionato Provincial de Orientación

O Equipo de Deporte de Orientación do Escultor Acuña, no que participan alumnos do colexio así como exalumnos que hoxe están no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo e algún outro "fichaxe" do IES Val Miñor de Nigrán, participou no Campionato Provincial de Orientación que se celebrou o día 20 de marzo nas instalacións e inmediacións do mercantil en Mourente, Pontevedra. Estamos orgullosos de todos eles. Ademais dos podios conseguidos. Os que non acadaron estes postos, fixeron moi bos tempos, quedando case todos eles nos postos de cabeza e manifestando gran satisfacción por todo o que compartiron con outros compañeiros e compañeiras do equipo así como cos adversarios, sentíndose moi satisfeitos polo esforzo realizado e as dificultades superadas e felicitando aos gañadores. Parabéns para todas e todos.

Facendo "clic" na imaxe se accede á galería de fotografías.

provincial de orientación

AdxuntoTamaño
Resultados Cto Prov Escolar Orientación 2013 (2).pdf51.17 KB


page | by Dr. Radut