Skip to Content

Campionato Escolar Galego de Deporte de Orientación 2013

 

     O equipo de orientación do CEIP Escultor Acuña e o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, formado a partires do Proxecto “Descubrindo o Norte” en colaboración coa Universidade de Vigo e que está integrado polo alumnado de ambos centros ademais dalgún “fichaxe” do IES Val Miñor de Nigrán (Ensino Público todos eles), acaban de chegar do Campionato Escolar Galego de Deporte de Orientación celebrado en O Barco de Valdeorras (Ourense).

     Ao marxe dos resultados, quero felicitar a todo o equipo por todo: como deportistas por  habelo dado todo, polo respecto manifestado ante os seus rivais, por haber difrutado de todos os seus logros e por non haberse frustrado polos erros cometidos; como estudantes por saber poñer en práctica en situacións reais todo o aprendido; e como compañeiros por haber conseguido facer un grupo estupendo, responsable e divertido que fixo que me senta moi orgulloso de poder compartir todo este tempo con todos eles.


    Este equipo acadou o Campionato Galego na categoría Infantil Feminino. Nesta mesma categoría descaron Paula López Pequeño e Inés Alonso Méndez nos postos noveno e duodécimo respectivamente. Na categoría Infantil Masculino tamén brillaron os nosos orientadores xa que entre os nove primeiros postos entraron catro: 9 segundos impediron a Yomar Costa subirse ao podio: un cuarto posto non está nada mal.
Os equipos Cadete Feminino e Masculino foron un pouco máis discretos, en canto a resultados.

    Reitero os meus parabéns para todo o equipo

                    Galería de Fotos:                                                                                Resultados:colage galego de orientación 2013

Clasificacións e resultados.



page | by Dr. Radut