Skip to Content

Descubrindo o Norte 2015: Xornada no CUVI

A piques de rematar a etapa da Educación Primaria, toca amosar as competencias acadadas. O alumnado de 6º visitará as instalacións do Campus Universitario de Vigo facendo valer o lema do proxecto “Dígame e esquezo, móstreme e lembro, involúcreme e comprendo”. O día 29 de maio a comunidade escolar do CEIP Escultor Acuña compartirá novamente unha xornada cultural, formativa, deportiva e socializadora con CUVI. Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto, algunhas orientacións básicas, así como  o itinerario para poder chegar ao punto de reunión

Como chegar guia medioambiental 

Programa de

actividades

Información

complementaria

Como Chegar

 Guía Medioambiental

Campus de Vigo

O catedrático Pío González Fernández, do departamento de Física Aplicada acercará o apaixonante mundo da ciencia ao noso alumnado con obradoiros de física.  Da man dos seus  compañeiros de equipo de  investigación Julia Serra e Miram López Álvarez,  e a través do Proxecto Biocaps, nos presentarán os avances conseguidos no campo dos biomateriais, campo que lideran en España.

Doutra banda, os catedráticos África González e Carlos Spuch, nos explicarán a evolución das vacianas desde os seus orixes e os misterios que rodean ao cerebro humano respectivamente.

A Oficina do Medio Ambiente da Universidade de Vigo nos guiará pola contorna do campus para coñecer un chisquiño mellor a súa biodiversidade.

E, finalmente, despois de tanto coñecemento, ben nos merecemos unha boa sesión deportiva. Nesta ocasión será a través do deporte de orientación onde , José Luís Armada, do servizo de deportes da universidade colaborará connosco para que esta actividade sexa posible. Toda unha experiencia educativa.

 



page | by Dr. Radut