Skip to Content

Voleibol No CEIP Escultor Acuña

Como ven sendo habitual, Miguel Larrea, adestrador de Voleibol, compartiu co noso alumnado do  Eduación Primaria a súa "sabedoría", experiencia e paixón polo deporte en xeral, como medio para conseguir unha vida saudable; e, particularmente, por un dos deportes máis coeducativos.

Integración, traballo en equipo, respecto aos  outros (compañeiros e adversarios), actitudes de xogo limpo e respecto ás normas…. O minivoley, adaptación do voleibol ás idades do noso alumnado, permite desenvolver actitudes de superación, responsabilidade e constancia, o cal redunda eficaz e positivamente na propia autoestima.

Na seguinte icona están os enlaces da galería fotográfica.

Voley 2015-16 voley 3º4º
5º e 6º 3º e 4º

 



page | by Dr. Radut