Foi unha mañá diferente. Os rapaces de 6º de EP recibimos a visita de varios membros de ASPANEPS para que tivéramos a oportunidade de coñecer dun xeito práctico o mundo vivido por persoas que van en sillas de rodas, que son cegos... Incluso probamos un "kit" de prótesis pensadas para saber o que supón para o corpo ser vello. Acompañounos a Concelleira de Benestar do concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro.
Un día importante!



Pódense consultar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos para o vindeiro curso 2012-2013 no apartado de secretaría.
Esta resolución definitiva poderá ser obxecto de recurso de alzada ante o titular do Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a contar dende o día seguinte ao da súa publicación.
O mércores 16 de maio celebraremos o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas.
Este ano o Grupo Tripitrape representará a obra de teatro A ratiña feroz.

Seguindo co tema dos roedores, o grupo de 1º representará un conto O león e os ratos.
Conto narrado da Ratiña Presumida.
|
Agradecementos aos participantes:
|
O Museo do Xogo Popular do colexio ten dúas novas pezas. As dúas de orixe lonxano e, sen embargo, tan próximas á nosa infancia! O peón de soporte foi feito en Arxentina e ten un artiluxio moi enxeñoso para bailar; desde logo, non se necesita moita maña para facelo xirar. O moneco articulado ten a súa orixe en Grecia. Cantos de nós tivemos algún parecido? Cantos de nós quixemos mercar algún cando visitamos as feiras coloristas de Portugal?
Beatriz Varela, mestra de 2º EP, é quen tivo a ben doar as pezas ao colexio. Grazas.


Completando as actividades realizadas o curso pasado, os nenos e nenas de Educación Primaria e 4 e 5 anos de Educación Infantil, fixeron un último recorrido polas marabillas dos vermes de seda.


Pódense consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para o vindeiro curso 2012-2013 no apartado de secretaría. Os/as solicitantes aos que se lles require documentación complementaria, dispoñen de 10 días para presentala.
Estas listaxes provisionais poden ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar no prazo de 5 días hábiles.
Lucía Toval Bacelo, de 3º de Educación Primaria, fixo un debuxo espléndido sobre un mundo máis ecolóxico. Tal foi, que acadou un premio nun concurso organizado pola Cadena COPE de Ferrol. Recibiuno nun Auditorio de Narón completamente cheo. Cando podamos dispoñer do debuxo trataremos de subilo a esta páxina web.
Felicidades, Lucía!


Moitos de vós non sabedes que este colexio, despois de tantos anos, só tivo tres directores. O primeiro, foi unha muller que dirixiu o centro durante os seus primeiros doce anos. Esa muller, Nina, estivo con nós contándonos un montón de cousas da súa infancia, deste tempo de xubilación, dos seus netos e das cousas do nacemento do CEIP Esteiro. O resultado da entrevista será publicado no próximo número da revista Remuiños. Non vola perdades! É moi importante coñecer a nosa pequena historia!

A 2º de Educación Primaria góstalle que o mundo sexa máis verde. Se o curso pasado fixo unha prantación preciosa de flores, este ano participou na prantación de árbores na beira exterior do colexio. O acto tivo unha representación do Concello de Ferrol e algún fotógrafo deixou recordo na Voz de Galicia.
