Skip to Content

 

   

DÍA DA INTERCULTURALIDADE 2023

O vindeiro 31 de marzo celebraremos o día da interculturalidade, este ano adicado a BRASIL.

LETRAS GALEGAS 2023

As Letras Galegas deste ano 2023 están adicadas a Francisco Fernández del Riego. 

Ao longo destes meses iremos ampliando os contidos sobre a figura homenaxeada.

 

 

AUTORIZACIÓN PARA O USO DA IMAXE PERSOAL E VOZ DO ALUMNADO

Para dar cumprimento ao uso da imaxe persoal e voz dos membros (alumnado, persoal docente e non docente) do centro, existe un formulario creado pola Consellería onde as familias expresades dita autorización.

Extracto dos campos autorizados:

 

Páxina web do centro                    https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/                  

SI NON

Blog do centro                              http://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/

                                                              http://educacioninfantilesteiro.blogspot.com/

SI NON

Canal Youtube do centro:             https://www.youtube.com/@ceipesteiroferrol6259/

SI NON

Redes sociais             https://www.instagram.com/invites/contact/?i=1x8skj02h405w&utm_content=nus2oo0

SI NON

Documentos ou memorias de actividades, revista do centro, trípticos ou carteis ou montaxes multimedia de promoción de actividades.

SI NON

Outros  Radio na escola (podcasts e entrevistas)

SI NON

Adxunto tedes o modelo.

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2023

O Día das Artes Galegas está próximo e para que coñezades un pouco deixamos unha serie de recursos.

 

RUEIRO EN FEMININO PARA AS AULAS

Hoxe celebramos o 8M, o día da muller, e para resaltar a importancia das mulleres da nosa contorna de Ferrolterra escollemos por aula o nome dunha. 

Aquí tedes parte do traballo que estamos a realizar ao longo desta semana. 

 

  

 

RUEIRO EN FEMININO

O colexio propuxo para este 8M renomear as aulas cos nomes de ilustres mulleres da nosa contorna de Ferrolterra, aquí tedes algunha delas.

Adxunto están os documentos necesarios para a elaboración. 

RADIO ESCOLAR

Xa temos a nosa radio escolar en marcha...

O profesorado foi o primeiro en formarse nesta ferramenta que formará parte do noso traballo co alumnado a partir de agora. Nos vindeiros días empezaremos a formar a un grupo de alumnos e alumnas e aproveitaremos para ir entrevistando e facendo algún podcast que compartiremos coa comunidade educativa.

PLAN DIRECTOR

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participará en dúas sesións:

  • 23 de febreiro 2023 (9:30)
  • 23 de marzo 2023 (9:30)

dentro do marco do Plan Director ás charlas enfocadas ao Acoso Escolar e á Ciberseguridade.

Para máis información prema no vínculo 

ENTROIDO 2023

Un ano máis temos o entroido ás portas e  este ano temos varias datas que debedes marcar no calendario:

  • 16 de febreiro a partir das 16:30  o ANPA organiza a festa no pavillón polideportivo.
  • 17 de febreiro a partir das 12:30 o alumnado fará o percorrido polo perímetro do colexio para que as familias poidades ver os disfraces coa temática dos xogos populares na arte.

 Na avenida de Vigo é preciso que as familias deixedes libre o espazo pegado ao cerrado verde do colexio para que o alumnado poida pasar sen dificultades.

 

11 DE FEBREIRO - DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro é o Día da Muller e a Nena na ciencia e dende o colexio queremos facer visible o papel tan importante que xogaron e xogan a día de hoxe no avance e progreso da nosa sociedade.

O noso alumnado fará un estudo por titorías das distintas figuras femininas que aportaron o seu esforzo e saber ao campo da ciencia e ademais o alumnado de 4º, 5º e 6º participarán nuns obradoiros organizados pola Universidade de Santiago de Compostela titulados "Unha enxeñeira ou científica en cada cole" (https://unhaencadacole.gal/).

Queremos agradecer que dúas científicas da Universidade de A Coruña veñen a dar un relatorio para os nosos grupos de 5º e 6º de Educación Primaria.

 

RECURSOS:

  1. Xogo de cartas da muller na ciencia, reglas
Distribuir contido


by Dr. Radut