Skip to Content

 

   

RADIO NA BIBLIO - FORMACIÓN DO ALUMNADO

Radio Buxaina segue o seu camiño, aprendendo, paseniño a paseniño. Esta semana tocoulle ao grupo de 5º de primaria recibir unha sesión de formación por parte de Rede Espora

Despois dunha sesión teórica na aula, acudiron en grupo á biblioteca escolar, para realizar a gravación dun podcast. 

Foi un día intenso pero moi interesante, xa desexando gravar novas cousas!

Grazas a Rede Espora e, en concreto, a Denís, polo seu traballo. 

EDIXGAL - NAVEGACIÓN SEGURA

A Consellería a través de AMTEGA acaba de implementar nos equipos Edixgal unha ferramente que garante anavegación segura. 

 

Máis información do documento adxunto.

 

 

FESTIVAL DE NADAL PARA AS FAMILIAS

O alumnado ten o pracer de convidar ás familias o día 21 de decembro a partir das 12:00 ao festival de nadal que terá lugar no salón de usos múltiples. 

A entrada será pola porta principal e aquelas familias que desexedes sair despois dalgunha actuación, debedes facelo pola porta de saída de usos múltiples para permitir a entrada dos demáis.

PONTE NO MEU LUGAR

O día 14 de decembro o alumnado de 6º de Educación Primaria participará na acción  "Ponte no meu lugar" organizado pola asociación ASPANEPS onde serán quen de coñecer a realidade e o día a día das persoas con discapacidade.

Xa dispoñemos da exposición de carteis polos corredores do colexio, que será complementado cun traballo grupal e práctico. 

Dita experiencia resulta gratificante e enriquecedera para o alumnado como cidadáns dunha sociedade plural e diversa.

 

FANPA - DÍA DA FAMILIA

O sábado día 16 Ferrol celebrará o seu I DÍA DA FAMILIA, mediante a posta en marcha dun programa de actuacións organizado pola Asociación de Veciños da Madalena e financiado polo Concello de Ferrol.
O I DÍA DA FAMILIA DE FERROL terá como epicentro principal a praza de Amboaxe.
 
As 11 da mañá, o antigo Hospicio situado na rúa Méndez Núñez, acollerá aos participantes do I CERTAME DE PINTURA RÁPIDA DO DÍA DA FAMILIA DE FERROL que previamente deberán inscribirse enviando un correo a diadafamiliadeferrol@gmail.com. As bases poden consultarse nas redes sociais da asociación @avv.da.madalena. Os artistas poderán realizar a súa obra baseada no barrio da Madalena ata as 19 h., momento no que deberán achegar as súas propostas ao propio Hospicio no que un xurado valorará cada unha delas e otorgará os premios, 300 euros á mellor obra e 100 a segunda e terceira, respectivamente.
 
O programa continuará ás 11:30 h., na propia praza de Amboaxe, momento no que comenzará a divertida competición familiar de XOGOS TRADICIONAIS, nos que centenares de familias de Ferrol poderán desfrutar coa participación en xogos populais como o pañuelo, tira da corda, carreiras de sacos… Haberá dous sesións. Unha ás 11:30 e outra ás 12:30 h.
 
Para participar as familias deberán enviar previamente un Whatsapp ao número: 663 333 863 indicando o nome da familia, número de membros (máx. 5) e a sesión que prefire (11:30 ou 12:30 hrs).
 
A familia gañadora desfrutará dun gran premio, un xantar ou cea nun restaurante de Ferrol para todos os membros participantes.
 
Mentres Ferrol xoga en familia, entre as 12:00 e as 13:00 h. o grupo Folclórico ARNELA DE CARRALESE alegrará coa súa música as rúas e prazas do barrio da Madalena.
 
A xornada de tarde dará comezo ás 6 da tarde coa GRAN FESTA DO I DÍA DA FAMILIA DE FERROL que terá lugar na propia praza de Amboaxe e correrá a cargo do TEATRO CALAVERA. Un espectáculo con música, bailes e xogos participativos para divertirse en familia.
 
* No caso de climatoloxía adversa, o evento será posposto.
 

VISITA DO BASKETMI FERROL

O pasado xoves recibimos a visita do clube BASKETMI FERROL de baloncesto en cadeira de rodas. Contamos coa colaboración de parte da directiva e plantilla do equipo. Faláronnos das súas experiencias, fixéronnos unha demostración e finalmete xogaron con nós. Tivemos sorte de poder probar as cadeiras e sentir a dificultade e o poder de adaptación das persoas con discapacidade motora. Encantounos, e por suposto repetiremos. 

ERASMUS+

O centro educativo ven de participar no marco da acreditación KA121-SCH nunha mobilidade a Mersin, Turquía grazas ao CFR de Ferrol.

Nesta mobilidade o profesorado participante tivo a oportunidade de coñecer o sistema educativo turco cunha visita ao centro Bahcesehir Koleji , así como aprender e desenvolver actividades relacionadas coa programación por bloques, o deseño e a impresión 3D, o pensamento computacional e a robótica educativa de aplicación nos Polos creativos.

Máis información: https://www.instagram.com/p/C0CY5VOKJ3q/?igshid=NmJiYWZiY2E0Mg%3D%3D&img_index=10

 

LIBRO CIENCIA - TOUPICIENCIA

Dende Guindastre Edición tedes dispoñible un libro adicado á ciencia.

 

Na seguinte ligazón tedes acceso a uns vídeos explicativos 

 

 Acceso ao libro en PDF ou dixital 

Distribuir contido


by Dr. Radut