Skip to Content

 

   

WATERPOLO - CLUB MARINA FERROL

Hoxe o alumnado asistiu a unha sesión informativa sobre a práctica do waterpolo grazas ao Clube Marina Ferrol, dentro do propósito de hábitos de vida saudable.

Grazas ao ex-alumnado que tamén participou na experiencia.

 

ENQUISA DE CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

Estimada comunidade educativa; a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 establece o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha ENQUISA bianual nos centros educativos. 

A recollida de datos por sectores nas seguintes ligazóns:

É preciso facer dita enquisa para poder contar cuns resultados fiables para desenvolver proxectos ou plans neste eido.

Grazas pola vosa colaboración. 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Acceso a toda a información no portal do Ministerio de Educación e Formación Profesional na seguinte ligazón.

 

Estimadas familias,

 

Como ven sendo habitual durante o verán, o Ministerio de Educación convocou AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO para o curso 2023/2024. O obxecto destas axudas é cubrir os custos derivados da asistencia dos/as alumnos/as a servizos externos ao centro que poden ser tanto de reeducación pedagóxica como da linguaxe, así como programas específicos para alumnado que presenta altas capacidades intelectuais. O alumnado destinatario será aquel que presente un grao de discapacidade recoñecida ou Necesidades Específicas de Apoio Educativo reflectidas en informes médicos expedidos por servizos de saúde públicos acreditados polo Departamento de Orientación do centro/Equipo de Orientación Específico. No caso de alumnado que presente altas capacidades intelectuais terase en conta o informe expedido tanto polo Departamento de Orientación como polo Equipo de Orientación Específico.

 

O prazo de presentación das solicitudes comeza o 8 de maio ata o 20 de setembro, pero recoméndase entregalo o antes posible ante calquera imprevisto, xa que son varios os apartados a cubrir e os axentes implicados.

 

Para máis información podedes consultar as bases no seguinte enlace

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/891598/document/889499

 

 así como poñervos en contacto co Departamento de Orientación do centro ante calquera dúbida.

Como solicitar a beca

COLEF - DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Este ano dende o Concello propuxéronnos participar nunha actividade relacionada con dar visibilidade á actividade física, e como ben e sabido nos centros educativos é a área de EF. Esta disciplina xoga un papel fundamental no desenvolvemento integral do alumnado para fornecerse como persoas saudables de cara o seu futuro. 

Foi unha xornada lúdica e diferente, que esperamos que se repita noutras ocasións nun mesmo espazo onde poidamos xuntarnos diversos colexios ao mesmo tempo e compartir experiencias.

 Noticia en prensa

PONTE NO MEU LUGAR

O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo un ano máis a posibilidade de analizar e partipicar no Programa Ponte no Meu Lugar, unha recoñecida actividade promovida e desenvolvida por esta asociación que ten como principal obxectivo o de achegar a discapacidade en primeira persoa a través de dinámicas e accións participativas que procuran a reflexión entre o alumnado.

 

 

RCP - SESIÓN DE FORMACIÓN E APRENDIZAXE

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na xornada de hoxe co mestre de educación física na formación en técnicas RCP.

 

Tamén participamos o profesorado...

ADMISIÓN 2023-2024

As listaxes provisionais de admisión están publicadas no taboleiro interior do centro

Todas as solicitudes foron admitidas agás as de 3º de E. Primaria 

TEATRO CON G

O vindeiro 18 de maio o alumnado que asiste á actividade extraescolar de Teatro coa dirección de Alejandro Martín representará no Teatro Jofre a obra "Paquita de Troia" a partir das 11:00.

SINOPSE

A historia de Helena Paquita de Troia non é igual a que coñecemos todos, non. Paquita non quería casar e, sobre todo, non estaba interesada en Menelao "O que se peina de lao", nin en París, ela soamente quería ser libre. Pero non vos preocupedes porque as Musas Gregas, cantando e rapeando veñen a contarche toda a verdade.

 

 

VISITA DE SARA GUERRERO

Hoxe o centro recibiu a visita da triatleta Sara Guerrero e compartiu con todo o alumnado detalles profesionais e persoais sobre a súa vida como deportista.

FEIRA DO LIBRO EN FERROL

Dende o centro animámosvos a participar desta xornada adicada ao libro.

Distribuir contido


by Dr. Radut