Skip to Content

 

   

SEGUIMOS ADIANTE NO REBUMBIO MATEMÁTICO

A Asociación Galega do Profesorado de Matemáticas (AGAPEMA) veu de dar os resultados do Rebumbio Matemático celebrado en Ferrol con colexios do norte de Galicia. Pois ben, aí estamos os do Colexio de Esteiro! Clasificámonos para a fase final co Colexio dos Franciscanos de Lugo. Fomos representados por dúas rapazas e un rapaz de 6º de Educación Primaria: Carmen Maldonado Ordóñez, Fiana Lamas Rodríguez e Carlos Freire Zaragoza. Noraboa para os tres e para todos aqueles que traballan no colexio e máis en casa para que as matemáticas teñan unha maior entidade no noso colexio.

O Rebumbio Matemático consiste nunha proba na que os rapaces/as teñen que resolver varios problemas. O máis puntuado non é o resultado, senón a creatividade para chegar a dito resultado. Na foto de máis abaixo tedes a Carlos, Fiana e Carmen. Noraboa!!

                                       



page | by Dr. Radut