Skip to Content

 

   

11ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Bo día familias!!!

Hoxe comezamos o mes de xuño polo que xa nos atopamos na recta final deste curso tan especial. Estas últimas semanas propuxémosvos construír mandalas, nomes, palabras... no plano. Nenas e nenos a propostiña desta semana tamén vai de construír, pero esta vez en tres dimensións, é dicir coma as construccións que facedes nos recantos e na biblioteca:

                                                   

Podedes crear figuras estupendas con pezas de construcción que teñades pola casa, con caixiñas, botes, materiais de refugallo e calquera cousa que se vos ocorra. Unha vez feita a construcción, podedes debuxala, poñerlle un título, escribir a lista de pezas ou materiais que empregastedes e o número de cada un deles que precisastedes.

SORPENDÉDENOS COAS VOSAS CREACIÓNS!!!

Boa semana e apertas virtuais a todas e todos! SorrisoSorrisoSorriso

 



book | by Dr. Radut