Skip to Content

 

   

12ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Ola nenas e nenos! Bo día familias!

Xa nos atopamos na penúltima semana deste curso, isto está a piques de rematar; por iso ímosvos facer unha proposta moi sinxela, trátase de que fagades un debuxo do que máis vos chamou a atención do vivido nestes últimos tres meses: aplausos nos blacóns aos sanitarios, debuxos nas ventás das vivendas, policias celebrando cumples coas sereasmamás e papás teletraballando, persoas con máscaras por todas partes....

Tamén podedes debuxar as cousas que botástedes de menos durante o confinamento.

Pensade que emocións vos provocaba o que acabades de debuxar, é dicir como vos sentiades cando saiades a aplaudir, cando botábades algo de menos, cando mamá ou papá estaban teletraballando... Se o desexades podédesvos incluír dentro do debuxo expresando as vosas emocións: ledicia, tristura, inquedanza...

Unha vez rematado o debuxo, escribide unha palabra ou frase positiva sobre todo o acontecido, enviádeo a cada profe para facer unha exposición no cole no momento en que comecemos de novo as clases.

Moitos bicos e feliz semana!!! 



book | by Dr. Radut