Skip to Content

 

   

GUÍA LOMLOE

Relación de documentos de interese relativos ao cambio na lei de educación coa entrada da LOMLOE.

Calendario de implantación

XANEIRO 2021

  1. Participación e comptencias do Consello Escolar Capítulo II-Artigo 127, Claustro Capítulo II-Artigo 129 e Director/a do centro Capítulo II-Artigo 132.
  2. A autonomía dos centro docentes (Capítulo II LOE con LOMLOE).
  3. A selección do director ou directora nos centros públicos Capítulo II-Artigo 133.
  4. A admisión do alumnado.

 

Os procesos relativos aos apartados 3 e 4 que se iniciaron con anterioridade á entrada en vigor desta Lei rexeranse pola normativa vixente no momento de iniciarse.

 

   

 

 

 

 

Unha educación para o século XXI A educación é o principal piar para garantir o benestar individual e colectivo, a igualdade de oportunidades, a cidadanía democrática e a prosperidade económica. A calidade e excelencia dun sistema educativo han de concibirse vinculadas á equidade, a personalización da atención educativa e a autonomía dos centros con rendición de contas.Preséntanse aquí as normas educativas modificadas pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación ( LOMLOE) que se publicou no BOE do 30 de decembro de 2020.

ADMISIÓN 2021: LISTAXE DE PRAZAS DEFINITIVAS

As familias podedes consultar nos taboleiros do centro a relación definitiva de admitidos/as no proceso de admisión 2021-2022.

O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) foi admitido na súa totalidade.

Para os demais cursos podedes consultar esta información no centro educativo. 

MÁSTER DE ZANCOS 2021

Imos poñer en marcha unha nova edición do MÁSTER DE ZANCOS.

As 10 probas que podedes intentar son:

  1. Colocarse enriba dos zancos apoiado na parede e contar dez.
  2. Igual que antes pero camiñar cara atrás ata que os talóns toquen a parede.
  3. Desde a parede camiñar cinco pasos cara adiante.
  4. Igual que antes pero cinco pasos adiante e cinco cara atrás.
  5. Camiñar 30 pasos sen caer.
  6. Subir aos zancos sen axuda da parede e camiñar.
  7. Sobrepasar barreiras de zancos no chan.
  8. Camiñar e permanecer quedos dentro dun círculo contando ata dez.
  9. Subir e baixar un escalón.
  10. Camiñar cos zancos de perna.

Aquí tedes un vídeo explicativo

 

ENQUISA DA DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021

Sondaxe de carácter censual que ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

ACCESO AO FORMULARIO PARA:

  1. FAMILIAS
  2. ALUMNADO DE 5º E 6º
  3. PROFESORADO
  4. PERSONAL DE ATENCIÓN E SERVIZOS

XANELA ABERTA Á FAMILIA

A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.

Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos.

 

 

 

Guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”: ligazón

DÍA DA INTERCULTURALIDADE 2021: VIETNAM

Este ano a pesar das circunstancias non queriamos deixar pasar a oportunidade de celebrar a nivel de titoría o Día da Interculturalidade.

Agora tócanos ou mellor dito tocoulle a Pepe falar de Vietnam, que nos presenta este vídeo para que saibamos algo máis sobre este país asiático.

MULLERES PIONEIRAS

Este ano aproveitamos o Día da Muller e a nena na ciencia para comezar cun proxecto que gustou a nenos/as e maiores.

Aproveitando a data do 8M fixemos unha montaxe con todas aquelas aportacións das distintas aulas.

Noraboa a todas e todos polo esforzo. 

O MOUCHO BAILA

Aquí queda o baile do MOUCHO BAILA.

ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado do colexio traballou a figura ilustre na nosa Rosalía de Castro.

Aquí tedes unha mostra dese esforzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut