Skip to Content

 

   

1º Educación Primaria. Programación semanal 8-12 xuño.

Ola, familias.

Adxunto a programación semanal. Neste caso, agradecería que me enviárades unha captura da páxina 30 do caderno de galego.

En relación aos exercicios, lembrádelles aos rapaces/as que en galego o signos de interrogación/exclamación póñense unicamente ao final da oración (igual que ocorre co inglés).

 

Bo comezo de semana! Ánimo!!

12ª TANDA ACTIVIDADES E. INFANTIL

Ola nenas e nenos! Bo día familias!

Xa nos atopamos na penúltima semana deste curso, isto está a piques de rematar; por iso ímosvos facer unha proposta moi sinxela, trátase de que fagades un debuxo do que máis vos chamou a atención do vivido nestes últimos tres meses: aplausos nos blacóns aos sanitarios, debuxos nas ventás das vivendas, policias celebrando cumples coas sereasmamás e papás teletraballando, persoas con máscaras por todas partes....

Tamén podedes debuxar as cousas que botástedes de menos durante o confinamento.

Pensade que emocións vos provocaba o que acabades de debuxar, é dicir como vos sentiades cando saiades a aplaudir, cando botábades algo de menos, cando mamá ou papá estaban teletraballando... Se o desexades podédesvos incluír dentro do debuxo expresando as vosas emocións: ledicia, tristura, inquedanza...

Unha vez rematado o debuxo, escribide unha palabra ou frase positiva sobre todo o acontecido, enviádeo a cada profe para facer unha exposición no cole no momento en que comecemos de novo as clases.

Moitos bicos e feliz semana!!! 

3º Primaria. Luns 08 de xuño.

Ola familias!!!

Traballo do luns:

  • Actividade de Ciencias.
  • Contas da semana.
  • Matemáticas, seguimos co círculo e a circunferencia.
  • Castelán, traballamos no tema 13.
  • Galego, un pouco de ortografía.

Actividades para o luns 8 de xuño. 2º E.P.

Bo día a tod@s! Mando as tarefas para esta penúltima semana de curso.

Traballo de Inglés para a semana do 8 ao 12 de xuño

Hola.

Preme AQUÍ para obter o traballo desta semana.

Un saúdo.

Traballo de Inglés para a semana do 8 ao 12 de xuño

Hola.

Preme AQUÍ para descargar os videos e traballos para esta semana.

Un saúdo. Risa

Traballo de Inglés para a semana do 8 ao 12 de xuño

Hola.

 

Preme AQUI para descargar os traballos e videos de Inglés para esta semana.

Un saúdo.

Traballo de Inglés para a semana do 8 ao 12 de xuño

Hola.

Preme AQUI para descargar os traballos e videos de Inglés para esta semana.

Un saúdo.Guay

TAREFAS SOCIAIS 5º 5 DE XUÑO

OLA A TODOS E TODAS, TEDES UNHA NOVA TAREFA DUN NOVO TEMA, QUE É AMPLIACIÓN DO ANTERIOR, NO 4º VIMOS O CLIMA E A PAISAXE DE ESPAÑA E GALICIA E NESTE 5º TEMA VEREMOS COMO SE ORGANIZA TERRITORIALMENTE.

A TEREFA É A SEGUINTE, PODEDES LER O APARTADO 1 DO TEMA ANTES DE NADA.

Busca información sobre as distintas comunidades autónomas do teu país: cantas provincias ten, que partido goberna en cada unha… Atopa diferenzas e semellanzas coa túa propia comunidade.

XA SABEDES , NUN LIBRE OFFICE E COLGADES NA TAREFA, PODEDES FACER UN CORTA E PEGA NALGÚN CASO, PERO EU QUERO VER TRABALLO NA SELECCIÓN DOS TEXTOS, QUERO PODER OBSERVAR QUE SABEDES O QUE ESTADES POÑENDO.E ESPERO NON ATOPAR O TRABALLO COMA PUBLICACIÓN PREVIA DUNHA PÁXINA WEB, É DECIR, NON QUERO "PLÁXIOS"

ÁNIMO!!!

TAREFA CIENCIAS NATURAIS 3º 5 DE XUÑO

BO DÍA A TODOS E TODAS, HOXE PROPOÑO SEGUIR CO REPASO DE NATURAIS OLLANDO UNHA PRESENTACIÓN QUE TEDES NA PÁXINA 10, "CON ÓSOS OU SEN ÓSOS", FACEDES CLICK NA MAN NA PARTE SUPERIOR NO CENTRO.

DESPOIS LEDES AS PÁXINAS 10 E 11 CON ATENCIÓN E FACEDES A FICHA "DIFERENCIAMOS ANIMAIS" QUE ADXUNTO E QUE XA ESTÁ ASIGNADA.

 

QUE PASEDES UN BO FIN DE SEMANA!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut