Skip to Content

 

   

Actividades para o xoves 4 de xuño. 2º E.P.

Bo día a tod@s! Mando as tarefas para este xoves 4 de xuño.

3º Primaria. Xoves 04 de xuño.

Ola familias!!

Traballo do xoves:

  • Empezade por Ciencias.
  • Matemáticas, contas e problemas de figuras planas.
  • Facede algunha actividade de Música e Inglés.
  • Plástica, un coello saltarín.

PROXECTO MÚSICA 6º 3 DE XUÑO

OLA A TODOS E TODAS, TEDES NOVA TAREFA, E PENSO QUE É INTERESANTE, ESTÁ TAMÉN NO LIBRO, NO TEMA 2 ABAIXO DE TODO:

Elixe un tema e fai un traballo (PRESENTACIÓN CON LIBRE OFFICE IMPRESS OU POWER POINT)

Neste apartado terás que elixir un tema e facer un proxecto. Só hai unha condición: ten que ter relación coa música. Podes centrarte nun instrumento, unha canción, un grupo, un festival de música, un compositor, un estilo…

 

'Resurrection Fest'

Resurrection Fest, en Viveiro, Lugo.

Despois de elixir o tema, debemos pensar que aspectos trataremos. Saber como se chamaban seus pais quizais non sexa o dato máis importante que poidamos incluír na biografía dun cantante, pero saber onde e cando naceu, cal foi o seu primeiro contacto coa música ou o primeiro grupo no que tocou, si.

Se escollemos un grupo debemos falar de todos os seus compoñentes (mesmo dos que xa non formen parte del), da súa discografía, das cancións máis importantes, da súas influencias...

Se falamos dunha canción podemos dicir en que ano foi escrita, o autor que a compuxo, se hai diferentes versións, que instrumentos aparecen soando, a súa forma, o que di a letra, a que xénero musical pertence…

Se nos centramos nun festival de música, onde e dende cando se celebra, se está especializado nalgún estilo en concreto, os grupos que tocaron nel, a cantidade de público que adoita ter…

Se traballamos sobre unha orquestra, debemos concluír onde ten a súa sede, os directores que a dirixiron, un breve resumo da súa historia, compoñentes que sexan relevantes, obras importantes que estrease, concertos especiais…

Se falamos dun instrumento, buscaremos a que familia pertence, as súas características tímbricas máis salientables, obras máis coñecidas do seu repertorio, solistas importantes...

Xa tedes unhas pequenas pistas por onde conducir o voso traballo, así que...

Ao choio!

tarefas ciencias naturais 5º, 3 DE XUÑO

BO DÍA A TODOS E TODAS, TEDES UNHA NOVA TAREFA PARA REMATAR O TEMA:

CONTESTADES ÁS PREGUNTAS DIRECTAMENTE NA TAREFA, E DESPOIS FACEDES O AVALÍATE INTERACTIVO NO APARTADO 8. CONTESTADE CON INTERÉS E DEIXÁDEVOS DE MONOSÍLABOS.

SAÚDOS.Guay

TAREFAS CC. SOCIAIS 3º 3 DE XUÑO

BO DÍA A TODOS E TODAS, HOXE IMOS FACER UN HA FICHA DE REPASO DE TODO O TEMA QUE XA TEDES ASIGNADA, E ADEMAIS TEDES VARIAS ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE AMPLIACIÓN PARA FACER DIRECTAMENTE NA AULA VIRTUAL.

SAÚDOS!!!

Actividades para o mércores 3 de xuño. 2º E.P.

Bo día a tod@s! Estas son as tarefas para este mércores 3 de xuño.

3º Primaria. Mércores 03 de xuño.

Ola familias!!

Este é o traballo do mércores:

  • Podedes empezar por Ciencias e Inglés.
  • Relixión e Valores, seguimos coas adiviñas.
  • Galego, actividades de comprensión.
  • Castelán, Rematamos o conto.

2º E.P. Ficha de repaso de C.Sociais

Bo día de novo. Avisoume unha familia que na ficha de C.Sociais algúns exercicios saen cortados, así que vos mando outro adxunto.

MÚSICA 5º 2 DE XUÑO

OLA A TODOS E TODAS, TEDES NOVA TAREFA NO TEMA 2 DE MÚSICA, TRÁTASE DE QUE INVESTIGUEDES SOBRE 5 BATERISTAS FAMOSOS E QUE ESCRIBADES EN QUE GRUPOS OU CON QUE ARTISTAS COLABORARON.

DE PASO PODEDES FACER AS ACTIVIDADES INTERACTIVAS DO APARTADO 2 NO QUE SE FALA DA FAMILIA DA PERCUSIÓN, EN CONCRETO DOS IDIÓFONOS (PRATOS, ETC)  E DOS MEMBRANÓFONOS (TIMBAIS, CAIXA, BOMBO, ETC), A BATERÍA TEN TANTO DUN TIPO COMA DO OUTRO COMO PODEREDES OBSERVAR.

SAÚDOS!!

MÚSICA 4º PRIMARIA 2 DE XUÑO

OLA A TODOS E TODAS, HOXE IMOS FACER REPASO DE LINGUAXE MUSICAL, ANTES DE NADA MIRADES ESTES GENIALLY QUE VOS DEIXO DEBAIXO E DESPOIS FACEDES A FICHA QUE ADXUNTO EN PDF.

 

 https://view.genial.ly/5eb7fff5639bfa0d0fdc4751 (O PENTAGRAMA)

 

 https://view.genial.ly/5eb7e3ca7199c50d8c4194bf (OS ESPAZOS)

 

https://view.genial.ly/5eb7d5b78c034e0d162d6a50 ( AS LIÑAS)

https://view.genial.ly/5eb7fe83639bfa0d0fdc470f (AS LIÑAS E ESPAZOS)

 

 

SAÚDOS!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut