Skip to Content

 

   

PROXECTO MÚSICA 6º 3 DE XUÑO

OLA A TODOS E TODAS, TEDES NOVA TAREFA, E PENSO QUE É INTERESANTE, ESTÁ TAMÉN NO LIBRO, NO TEMA 2 ABAIXO DE TODO:

Elixe un tema e fai un traballo (PRESENTACIÓN CON LIBRE OFFICE IMPRESS OU POWER POINT)

Neste apartado terás que elixir un tema e facer un proxecto. Só hai unha condición: ten que ter relación coa música. Podes centrarte nun instrumento, unha canción, un grupo, un festival de música, un compositor, un estilo…

 

'Resurrection Fest'

Resurrection Fest, en Viveiro, Lugo.

Despois de elixir o tema, debemos pensar que aspectos trataremos. Saber como se chamaban seus pais quizais non sexa o dato máis importante que poidamos incluír na biografía dun cantante, pero saber onde e cando naceu, cal foi o seu primeiro contacto coa música ou o primeiro grupo no que tocou, si.

Se escollemos un grupo debemos falar de todos os seus compoñentes (mesmo dos que xa non formen parte del), da súa discografía, das cancións máis importantes, da súas influencias...

Se falamos dunha canción podemos dicir en que ano foi escrita, o autor que a compuxo, se hai diferentes versións, que instrumentos aparecen soando, a súa forma, o que di a letra, a que xénero musical pertence…

Se nos centramos nun festival de música, onde e dende cando se celebra, se está especializado nalgún estilo en concreto, os grupos que tocaron nel, a cantidade de público que adoita ter…

Se traballamos sobre unha orquestra, debemos concluír onde ten a súa sede, os directores que a dirixiron, un breve resumo da súa historia, compoñentes que sexan relevantes, obras importantes que estrease, concertos especiais…

Se falamos dun instrumento, buscaremos a que familia pertence, as súas características tímbricas máis salientables, obras máis coñecidas do seu repertorio, solistas importantes...

Xa tedes unhas pequenas pistas por onde conducir o voso traballo, así que...

Ao choio!



blog | by Dr. Radut