Skip to Content

 

   

Blogues

ADMISIÓN 2023-2024

As listaxes provisionais de admisión están publicadas no taboleiro interior do centro

Todas as solicitudes foron admitidas agás as de 3º de E. Primaria 

VISITA DE PERE TOBARUELA

"Cinco horas con Mauro" é un libro que trata sobre o acoso escolar, lectura que forma parte do itinerario lector de 5º e 6º EP. O propio autor compartirá unha sesión co alumnado o día 14 de marzo.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o Día Internacional da Muller publicamos na nosa radio escolar, Radio Buxaina, a entrevista que lle fixeron os nenos e nenas de 6º EP a Patricia Barciela, directora da DOMUS, museo interactivo do corpo humano. 

E tamén preparamos unhas caixas temáticas con libros sobre igualdade, loita contra os estereotipos, revisión de contos populares... 

Ademais podedes consultar o catálogo sobre igualdade da nosa biblioteca no seguinte enlace:

LECTURAS IGUALDADE

 

ATOPA UN LIBRO DA TÚA IDADE

No mes de xaneiro, desde a biblioteca, fixemos a proposta de buscar libros do ano de nacemento dos usuarios e usuarias da biblioteca escolar. Esta actividade ten como obxecto saber localizar datos no libro, fixándonos no ano de edición. Foi unha actividade que tivo moita aceptación como poderedes ver na imaxe do noso corredor, decorado con todas as fotos dos libros atopados. 

SCAPE ROOM POLO DÍA DO LIBRO

Dese hai anos, na nosa escola, celebramos o Día do Libro cun concurso: O Preguntón.  Este curso o formato será coma un xogo de pistas, que estarán pola biblioteca e polo Museo do Xogo Popular. A semana do 24 ao 28 de abril todos os nenos e nenas participarán neste xogo, que esperemos sexa didáctico e divertido. Xa está todo preparado!

 

ACTIVIDADES DIVERTIDAS DE CIENCIAS NATURAIS 3º

BO DÍA A TODOS E TODAS, POR AQUÍ VOS DEIXO UN PAR DE GENIALLYS DE CIENCIAS NATURAIS, A VER QUE TAL SE VOS DAN OS DARDOS.

SORTE E PUNTERÍA!!!

A ENERXÍA E A MATERIAGuay

 

OS ALIMENTOSSorriso

 

SAÚDOS!!!!

3º Primaria. Mércores 17 de xuño.

Ola familias!!

Este é o última día que poño traballo. O xoves vémonos no cole e o venres as notas!!

  • Facede algunha actividade divertida de Ciencias e Inglés.
  • As contas da semana.
  • Relixión e Valores, adiviñas ou debuxo?
  • Galego, lemos un texto divertido.

 

 A disfrutar moito dun descanso ben merecido!!

MÚSICA 6º

BO DÍA, EU DESPÍDOME ESTE ANO, VOU PARA OUTRO COLE, E VOS IDES AO INSTITUTO, NO QUE VOS DESEXO A TODAS E TODOS O MELLOR DO MELLOR NA NOVA ETAPA!!!!.

NON PODO DECIR QUE NON ESTÁ UN POUCO TRISTE A VERDADE, ASÍ QUE FIXEN UN GENIALLY PARA DESPEDIRME, NO QUE APARECE UNHA CANCIÓN MOI ESPECIAL E QUE ADEMAIS CANTA UN GRAN AMIGO MEU.

ESPERO QUE TODO O COLE CANTE ESTA CANCIÓN PARA REMATAR ESTE ANO TAN RARO E ESPECIAL.

BICOS A FEIXES E....

VÉMONOS SEMPREGuay

QUE TEÑADES UN FELIZ VERÁN!!!!

CLICKADE AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut