Skip to Content

 

   

blogue depontepita

VISITA DE PERE TOBARUELA

"Cinco horas con Mauro" é un libro que trata sobre o acoso escolar, lectura que forma parte do itinerario lector de 5º e 6º EP. O propio autor compartirá unha sesión co alumnado o día 14 de marzo.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o Día Internacional da Muller publicamos na nosa radio escolar, Radio Buxaina, a entrevista que lle fixeron os nenos e nenas de 6º EP a Patricia Barciela, directora da DOMUS, museo interactivo do corpo humano. 

E tamén preparamos unhas caixas temáticas con libros sobre igualdade, loita contra os estereotipos, revisión de contos populares... 

Ademais podedes consultar o catálogo sobre igualdade da nosa biblioteca no seguinte enlace:

LECTURAS IGUALDADE

 

ATOPA UN LIBRO DA TÚA IDADE

No mes de xaneiro, desde a biblioteca, fixemos a proposta de buscar libros do ano de nacemento dos usuarios e usuarias da biblioteca escolar. Esta actividade ten como obxecto saber localizar datos no libro, fixándonos no ano de edición. Foi unha actividade que tivo moita aceptación como poderedes ver na imaxe do noso corredor, decorado con todas as fotos dos libros atopados. 

SCAPE ROOM POLO DÍA DO LIBRO

Dese hai anos, na nosa escola, celebramos o Día do Libro cun concurso: O Preguntón.  Este curso o formato será coma un xogo de pistas, que estarán pola biblioteca e polo Museo do Xogo Popular. A semana do 24 ao 28 de abril todos os nenos e nenas participarán neste xogo, que esperemos sexa didáctico e divertido. Xa está todo preparado!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut