Skip to Content

 

   

Blogues

MÚSICA INFANTIL 4 DE XUÑO

BO DÍA FAMILIAS DE INFANTIL!!, XA QUE MAÑÁ É O 5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE PROPOÑO O SEGUINTE:

Sabemos que para coidar o medio ambiente é necesario reciclar por iso propóñovos construir un

instrumento de música con materiais que atopedes por casa. Nesta ligazón hai algunhas

ideas simples e outras máis complicadas, e seguro que a vós se vos ocorre algunha

máis.Se vos animades pode ser moi divertido!Sorriso

DÉIXOVOS UN ENLACE A UNHA PÁXINA QUE VOS PODE DAR IDEAS:

 

facede click aquí

 

SAÚDOS E BICOSS!!!!

MÚSICA 3º 4 DE XUÑO

OLA DE NOVO, PARA MÚSICA PROPOÑO QUE INTENTEDES TOCAR NA FRAUTA A CANCIÓN DA BELA E A BESTA, MOI COÑECIDA POLO FILME DO ANO 2014, CANDO SÓ TIÑADES 3 ANIÑOS. É DOADA DE TOCAR, CUNHA POUCA DE PACIENCIA, DEIXOVOS A PARTITURA NUN ADXUNTO.

CONTESTADE A ESTAS CUESTIÓNS ANTES DE TOCAR:

- QUE CLAVE UTILIZAMOS?

- EN QUE COMPÁS ESTÁ ESCRITA?

- QUE NOTAS DA ESCALA MUSICAL UTILIZA?

- QUE FIGURAS E SILENCIOS APARECEN

- CREDES QUE TEN UN TEMPO RÁPIDO OU LENTO?

 

ANTES DE NADA BOTADE UNHA OLLADA A UN GENIALLY QUE FIXO UN AMIGO MEU E TAMÉN PROFE DE MÚSICA CON CONSELLOS PARA TOCAR ESTE INSTRUMENTO:

 

https://view.genial.ly/5eb194c4e4d83e0d37f2ad37 (CONSELLOS PARA FRAUTA DE PICO) 

A BELA E A BESTA PARA FRAUTA

 

SAÚDOSSSSS E ÁNIMO!!!!

CIENCIAS NATURAIS 3º 4 de xuño

Bo día atodos e todas, hoxe comezamos o repaso de ciencias naturais, comezamos polo tema 1, ledes as páxinas 8 e 9 (adxunto captura de pantalla), que fala das funcións vitais dos seres vivos e despois visualizades o vídeo da páxina 6 DESCUBRINDO AOS ANIMAIS e tamén a presentación da páxina 8 das funcións vitais (clickades nas conseguintes mans). Logo podedes facer a ficha que adxunto e que xa está asignada.

SAÚDOSSS!!!!

Actividades para o xoves 4 de xuño. 2º E.P.

Bo día a tod@s! Mando as tarefas para este xoves 4 de xuño.

3º Primaria. Xoves 04 de xuño.

Ola familias!!

Traballo do xoves:

  • Empezade por Ciencias.
  • Matemáticas, contas e problemas de figuras planas.
  • Facede algunha actividade de Música e Inglés.
  • Plástica, un coello saltarín.

PROXECTO MÚSICA 6º 3 DE XUÑO

OLA A TODOS E TODAS, TEDES NOVA TAREFA, E PENSO QUE É INTERESANTE, ESTÁ TAMÉN NO LIBRO, NO TEMA 2 ABAIXO DE TODO:

Elixe un tema e fai un traballo (PRESENTACIÓN CON LIBRE OFFICE IMPRESS OU POWER POINT)

Neste apartado terás que elixir un tema e facer un proxecto. Só hai unha condición: ten que ter relación coa música. Podes centrarte nun instrumento, unha canción, un grupo, un festival de música, un compositor, un estilo…

 

'Resurrection Fest'

Resurrection Fest, en Viveiro, Lugo.

Despois de elixir o tema, debemos pensar que aspectos trataremos. Saber como se chamaban seus pais quizais non sexa o dato máis importante que poidamos incluír na biografía dun cantante, pero saber onde e cando naceu, cal foi o seu primeiro contacto coa música ou o primeiro grupo no que tocou, si.

Se escollemos un grupo debemos falar de todos os seus compoñentes (mesmo dos que xa non formen parte del), da súa discografía, das cancións máis importantes, da súas influencias...

Se falamos dunha canción podemos dicir en que ano foi escrita, o autor que a compuxo, se hai diferentes versións, que instrumentos aparecen soando, a súa forma, o que di a letra, a que xénero musical pertence…

Se nos centramos nun festival de música, onde e dende cando se celebra, se está especializado nalgún estilo en concreto, os grupos que tocaron nel, a cantidade de público que adoita ter…

Se traballamos sobre unha orquestra, debemos concluír onde ten a súa sede, os directores que a dirixiron, un breve resumo da súa historia, compoñentes que sexan relevantes, obras importantes que estrease, concertos especiais…

Se falamos dun instrumento, buscaremos a que familia pertence, as súas características tímbricas máis salientables, obras máis coñecidas do seu repertorio, solistas importantes...

Xa tedes unhas pequenas pistas por onde conducir o voso traballo, así que...

Ao choio!

tarefas ciencias naturais 5º, 3 DE XUÑO

BO DÍA A TODOS E TODAS, TEDES UNHA NOVA TAREFA PARA REMATAR O TEMA:

CONTESTADES ÁS PREGUNTAS DIRECTAMENTE NA TAREFA, E DESPOIS FACEDES O AVALÍATE INTERACTIVO NO APARTADO 8. CONTESTADE CON INTERÉS E DEIXÁDEVOS DE MONOSÍLABOS.

SAÚDOS.Guay

TAREFAS CC. SOCIAIS 3º 3 DE XUÑO

BO DÍA A TODOS E TODAS, HOXE IMOS FACER UN HA FICHA DE REPASO DE TODO O TEMA QUE XA TEDES ASIGNADA, E ADEMAIS TEDES VARIAS ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE AMPLIACIÓN PARA FACER DIRECTAMENTE NA AULA VIRTUAL.

SAÚDOS!!!

Actividades para o mércores 3 de xuño. 2º E.P.

Bo día a tod@s! Estas son as tarefas para este mércores 3 de xuño.

3º Primaria. Mércores 03 de xuño.

Ola familias!!

Este é o traballo do mércores:

  • Podedes empezar por Ciencias e Inglés.
  • Relixión e Valores, seguimos coas adiviñas.
  • Galego, actividades de comprensión.
  • Castelán, Rematamos o conto.
Distribuir contido


by Dr. Radut