Skip to Content

 

   

Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Matemáticas

SEMANA DA SEGURIDADE VIARIA DE FERROL

Co fin de conseguir entre todos o reto de CERO VÍCTIMAS, o Concello de Ferrol organiza un conxunto de accións interesantes e atractivas para os nen@s e xóven@s de Ferrol tales como:
 
- PARQUE DE EDUCACIÓN VIARIA NA RÚA
- SIMULACIÓN DE ACCIDENTE DE AUTOBÚS EN ESTEIRO COA PARTICIPACIÓN DUN GRAN DISPOSITIVO DE RESCATE
- I CARREIRA SOLIDARIA POLA SEGURIDADE VIARIA (medallas a tod@ @s menores de 16 anos e interesantes premios)
- MARCHA CICLISTA POLA SEGURIDADE VIARIA (agasallos e sorteo dunha bicicleta)

CONCELLO - RETALLOS DA TERRA MEDIA

Exposición  "Retallos da Terra Media" que se vai a realizar entre os días 22 de decembro e 9 de xaneiro no Antigo Hospicio.

III XORNADAS ESCOLARES POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Xornadas escolares pola eliminación da violencia de xénero.

Folleto informativo

EXPOSICIÓN NO NOSO MUSEO

Aproveitando que este venres 12 celebramos o Día do Peón, recordamosvos que no noso centro dispoñemos dun MUSEO DO XOGO POPULAR único na cidade de Ferrol.

Aquí tedes a nosa exposición adicada ao peón, buxaina, trompo, ...

Máis información sobre o mundo do xogo popular en Brinquedia.

  

PONTE NO MEU LUGAR

O alumnado de 6º participará os vindeiros días 21 e 22 de outubro no Programa Ponte no meu lugar, unha recoñecida actividade promovida e desenvolvida por esta asociación que ten como principal obxectivo o de achegar a discapacidade en primeira persoa a través de dinámicas e accións participativas que procuran a reflexión entre o alumnado de 6º de Primaria e o profesorado.

 

 

O noso alumnado de sexto diante no noso mural sobre igualdade e inclusión. 

DÍA EUROPEO DA PARADA CARDIACA

O venres 15 de outubro o alumnado de 5º e 6º participou nun acto colectivo de RCP coordinado polo CFR de Ferrol en colaboración co 061.

O alumnado recibiu unha serie de consellos relacionados coas maniobras de reanimación e o uso de desfibriladores. 

 

DEPORTE E EXERCICIO

ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE FERROL

Dentro dos programas de vida saudable inclúense aspectos como a alimentación, a hixiene e o deporte como eixos fundamentais do benestar dos nenos e nenas, por iso dende o colexio e en colaboración co Concello de Ferrol non queremos deixar de dar cabida a iniciativas que melloran a vida da nosa comunidade. 

Aquí vos deixamos vínculos ás páxinas das entidades que solicitaron a nosa colaboración:

 

 Xornadas de portas abertas 2022

 

S.R.D. Esteiro Ferrol 

 

 

 

MÁSTER DE ZANCOS 2021

Imos poñer en marcha unha nova edición do MÁSTER DE ZANCOS.

As 10 probas que podedes intentar son:

  1. Colocarse enriba dos zancos apoiado na parede e contar dez.
  2. Igual que antes pero camiñar cara atrás ata que os talóns toquen a parede.
  3. Desde a parede camiñar cinco pasos cara adiante.
  4. Igual que antes pero cinco pasos adiante e cinco cara atrás.
  5. Camiñar 30 pasos sen caer.
  6. Subir aos zancos sen axuda da parede e camiñar.
  7. Sobrepasar barreiras de zancos no chan.
  8. Camiñar e permanecer quedos dentro dun círculo contando ata dez.
  9. Subir e baixar un escalón.
  10. Camiñar cos zancos de perna.

Aquí tedes un vídeo explicativo

 

XANELA ABERTA Á FAMILIA

A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.

Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos.

 

 

 

Guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”: ligazón

O MOUCHO BAILA

Aquí queda o baile do MOUCHO BAILA.

Distribuir contido


by Dr. Radut