Skip to Content

 

   

Quen somos, Museo do Xogo Popular

XOGO POPULAR - A CHAVE

A CHAVE

Que tipo de xogo é?

Para practicar este xogo abonda cunha chave (de diferentes tipos en cada zona do país) e cunhas moedas gordas (os pellos) que son lanzadas contra aquela a unha distancia duns 20-30 pasos. O xogo practícase singularmente por parellas, aínda que son factibles competicións individuais e por equipos, e mesmo se utiliza un lanzamento previo para elixir parella.

O sistema de puntuación é complexo e diferente en cada zona do país. Non obstante, basicamente obtéñense oito puntos por cada pello que toque a chave, e incluso un punto para o pello máis próximo cando ninguén atinou. Así e todo, cando a tirada tivo igual éxito nas dúas parellas, ningunha delas anotará ningún punto.

Idade: de 14 a 18 anos

Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico, espectáculos

XOGO POPULAR - O ARO

O ARO

Que tipo de xogo é?

O xogo consiste en facer rolar, en equilibrio, un aro (tradicionalmente “fabricado” a partir dun caldeiro vello ou incluso da roda dunha bicicleta) termando del coa guía, arame con forma de gancho na punta. Acadada a habelencia suficiente, os aros permiten a organización de competicións de velocidade e de habilidade.

Idade: de 7 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade, de exercicio físico, enredos

XOGO POPULAR - OS ZANCOS

OS ZANCOS

Que tipo de xogo é?

Unha buxaina ou un peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico.

Idade: de 6 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade e enredos

 

XOGO POPULAR - O PEÓN

PEÓN, BUXAINA, TROMPO...

Que tipo de xogo é?

Unha buxaina ou un peón é un corpo que se fai xirar cun cordel sobre unha punta de metal sobre a que sitúa o seu centro gravitatorio de forma perpendicular ao eixo de xiro, equilibrándose sobre un punto grazas á velocidade angular, que permite o desenvolvemento do efecto xiroscópico.

Idade: de 6 a 14 anos

Obxectivo: de habilidade e enredos

OS XOGOS TRADICIONAIS

Un libro editado por Brinquedia sobre o xogo popular.

Distribuir contido


by Dr. Radut