Skip to Content

 

   

ENDL

PREMIO XX Certame de poesía e imaxe, En galego, sen filtro 2020

O traballo realizado polo alumnado de 5º de Educación Primaria do ano pasado na categoría de Audiovisuias foi premiado.

Noraboa a todo o alumnado e a inestimable axuda de Daniel Agulló. 

 

DÍA DA PAZ 2021

Este ano non poidemos facer un acto colectivo entre tódolos grupos do colexio, pero si traballamos esta data tan sinalada dende cada titoría traballando os distintos símbolos que representan a palabra e o termo PAZ. 

Grazas a páxina de UNICEF poidemos facer unha análise previa para ver estes símbolos e escoller por aulas o que máis gustaba. 

Aquí tedes algunhas cousas fermosas que fixeron as titorías:

 

CALENDARIO 2021 - O NOSO EMOCIONARIO

Este ano decidimos facer un calendario de parede para as aulas relacionado coas distintas emocións.

Aquí vos deixamos a maqueta por si queredes botar unha ollada. 

     
     
     
     

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DO MAGOSTO E SAMAÍN 2020

Dende o Equipo de Normalización Lingüistica achegamos a seguinte información de interese ás familias en relación á celebración destas festas neste curso 2020/2021

REMUÍÑOS 2019-2020 (Nº35)

Xa está aquí a nosa revista deste ano 2019-2020.

LETRAS GALEGAS 2020 - RECURSOS ONLINE

Este ano adicamos as Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero e para que vaiades preparándovos, deixamos aquí unha serie de recursos:

1. Video feito polo alumnado de 5º de Educación Primaria sobre un poema deste ilustre galego

2. Vídeo da vida e obra feito polo Colexio San Pío X de Ourense

3. Don Ricardo (Xogo) por David Rial

ACCESO AO XOGO

4. Letras Galegas 2020 by Anuska

ACCESO AO XOGO

5. Letras Galegas 20 by Kyara (para Educación Infantil)

ACCESO AO XOGO

 

OS MAIOS 2020- FERROL EN FRORES CUBERTO

Grazas a todas e todos polas vosas fotos e maios, desta maneira as nosas casas están máis bonitas e fermosas con este bo tempo que nos acompaña. 

 Fixemos un álbum para que poidades ver as marabillosas obras do noso alumnado.

UXÍA LAMBONA E ROSCÓN

Aquí tedes o vídeo que nos adica Uxía Lambona.

Distribuir contido


by Dr. Radut