Onte o alumnado de 2º de E. Primaria foi de visita ao aeródromo militar de Santiago de Compostela.
Alí explicáronnos as funcións que realizan, ademais dunha formación express en supervivencia e puidemos acceder ao interior dun hidroavión de extinción de incendios. Ao remate, o persoal das instalacións agasallou a cada neno/a cun póster moi chulo.
Moito nos gustou esta visita!!