O pasado venres 12 de abril, o alumnado de 2ºA de E Primaria tivo a visita dunha técnica do Concello do departamento de parques e xardíns para ensinarnos a por en marcha o horto escolar.
O alumnado de 6º de E. Primaria realizou no recinto feiral de Amio a actividade de educación vial adicada a coñecer de primeira o xeito de actuar tanto os condutores como os peóns nas diferentes situacións que se dan na rúa. Ademais, puidérono comprobar poñéndose na pel de condutores e peóns no circuíto que realizaron.
Diego Lombao Vázquez, arqueólogo da Universidade, visitou o noso colexio para falarnos de Antropoloxía e máis concretamente do xacemento de Atapuerca, onde el mesmo traballou durante uns anos. O alumnado de 6º de E. Primaria desfrutou moito da súa charla. El, moi atentamente respondeu ás súas preguntas e comprobou o moito que saben de Prehistoria as nosas nenas e nenos.
Unha exposición de libros no recibidor do colexio para que o alumnado e profesorado teñan a man diversas obras interesantes sobre mulleres que fixeron e fan historia.
Ademais, a Biblioteca, puxo en marcha unha nova edición do concurso de pistas para adiviñar o nome de mulleres significativas no noso mundo. Esta edición, dedicada ao tema do PDI “Feito a man”.
Hoxe o alumnado de 4º de E. Primaria disfrutou dunha sesión formativa organizada pola ANPA Fontela, a cargo dun oceanógrafo que lles mostrou e axudou a comprender moitos aspectos da fauna mariña.
Explorar a sabana, o deserto, o océano... e aprender desde a empatía. A clase de 5º de Primaria do CEIP das Fontiñas cóntanos a súa visita a «Hábitats. Natureza estendida», a experiencia de realidade mixta que desde a Cidade da Cultura atravesa os cinco continentes para descubrir como a vida seinterconecta e como as persoas influímos nos ecosistemas.
Onte tivemos a visita de antigos alumnos/as do noso centro que agora estudan no IES Antón Fraguas. Este alumnado, acompañado do seu profesorado, realizou unhas actuacións teatrais e musicais que nos encantaron. Dende o CEIP das Fontiñas, dámoslle as grazas ao IES Antón Fraguas, ao seu profesorado e alumnado participante por esta fantástica iniciativa, que desexamos que se volva a realizar.