Skip to Content

Tel: 886 11 08 01 e 886 110 802 e-mail: ceip.guillarei@edu.xunta.gal

Procedemento de Admisión

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN, CURSO 2024-25

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión de alumnado para o curso 24-25.

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado

(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora.

 

PRAZOS

 

  • Publicación listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido: 25 abril. Poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

  • Publicación listaxes definitivas alumnado admitido e non admitido: Antes do 15 de maio

 

  • Formalización matrícula: do 20-30 de xuño

 

NORMATIVA:

-Decreto 13/2022, do 3 de febreiro ( DOG 11/2022)

-Orde do 21 de outubro de 2022 ( DOG 08/11/2022)

-Instrucións da Dirección Xeral de Centros  e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de Admisión de alumando en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-25

NOTA INFORMATIVA CURSO 23-24

PREMA NO ADXUNTO

XOGOS DE LOITA (4º CURSO)

 

XORNADA DE XOGOS DE LOITA

O venres 22 de marzo imos participar na xornada de convivencia deportiva de “xogos de loita” no pavillón vello de Tui.

Esta xornada vai dirixida as clases de 4º curso de educación primaria dos centros educativos de Tui e Salceda de Caselas.

Os xogos son moi divertidos e a participación é moi alta.

O Sogatira, as colas do cabalo, dar a volta a tortilla, loita de xeonllos ou atrapa o balón, son algunhas das propostas lúdicas.

CHARLA PARA FAMILIAS

Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía forma parte da vida das persoas cada vez a máis temperá idade e as pantallas (incluída a TV) acompañan ás nosas xeracións dende o berce.

Pero sabemos realmente cales son as consecuencias cognitivas do uso nos primeiros anos de vida?

Moitas familias e profesionais, levados pola falsa crenza de que a tecnoloxía é sinónimo de desenvolvemento, introducen aos seus fillos no mundo dixital crendo que por ser “nativos dixitais” xa están preparados de maneira diferentes a como o estaban os cerebros dos nosos avós cando naceron.

De aí nace a necesidade de compartir datos con rigorosidade científica que acheguen luz a este asunto e que nos leven a posicionarnos de maneira crítica e reflexiva ante os acontecementos que nos rodean.

Por todo isto e moito máis animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta charla impartida por María Couso, especialista en neuroeducación.

ENTROIDO!! MANDADIÑOS DO MECO

Atención familias ! Deixamos aquí os mandados do Meco. E recordade que este ano son acumulativos!

DÍA DA PAZ 2024

Cada 30 de xaneiro pretendemos  fomentar a tolerancia, o entendimento, o respecto mutuo  e os diferentes  modos de pensamento. A data coincide co aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

ADMISIÓN 2024

1ª Xornada deportiva escolar co CEIP de Rebordáns

O pasado mes de novembro, visitou a nosa escola o CEIP de Rebordáns coas clases de 6º e 4º de educación primaria.

Destacar que foi unha xornada moi emocionante e moi divertida.

Nesta 1ª xornada deportiva, xogaron o alumnado de 6º e 4º da nosa escola, xogando as seguintes modalidades deportivas:

Bádminton, Xadrez, Balonmán, Mini basket, Voleibol e Fútbol sala.

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO 2023

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN HORARIO LECTIVO 2023

A PRÓXIMA SEMANA OS DÍAS 9 E 10 DE NOVEMBRO IMOS PARTICIPAR NAS CARREIRAS ESCOLARES QUE SE VAN ORGANIZAR NO BORRALLIÑO - SALCEDA DE CASELAS.

PARTICIPAN OS CURSOS SEGUINTES:

XOVES 9: 2º, 3º, 4º E 5º DE ED. PRIMARIA.

VENRES 10: 6º ED. PRIMARIA.

 

 

MOITA SORTE A TOD@S OS PARTICIPANTES.

DÍA DA BIBLIOTECA

Este ano celebramos o Día da Biblioteca facendo apadriñamentos lectores e ademais, fomos disfrazados/as de personaxes de contos.

INICIAMOS COMEDOR

O luns, día 30 de outubro, comezará o servizo de comedor no centro.

Se queren ver o menú que haberá no mes de novembro preman no adxunto.

Listaxe definitiva de axudas de libros e/ou material e Fondo solidario de libros

Xa podedes recoller os vales para axudas de libros e/ ou material dende hoxe 29 de xuño ata o mércores 5 de xullo , en horario de 09:30 a 13:30.

Libros 23-24

Para acceder á listaxe de libros preme aquí .

 

Imágenes de Libros - Descarga gratuita en Freepik

Publicación listaxe provisional fondo libros e/ou axudas de libros e material

Publicadas as listaxes do alumnado admitido no fondo solidario de libros de texto e/ou axudas para adquisicóin de libros ematerial escolar no interior do centro.

O prazo para presentar reclamación ás listas provisionais é 27 e 28 de xuño.

O 29 de xuño publicarase a listae definitiva e comezará a entrega de vales.

Distribuir contido


by Dr. Radut