Skip to Content

Lexislación

AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

A gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2019-2020 levarase a cabo mediante diversas modalidades: axudas para a adquisición de libros de texto, fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar. 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 3º e 4º de Educación Primaria

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

- Destinado para o alumnado que no próximo curso estea matriculado en: 1º e 2º de Educación Primaria. 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

- Destinado a todo o alumnado matriculado en Educación Primaria. 

 

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de textos teñen a obriga de devolver os libros e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2018-2019. Deben estar en bo estado de conservación, de tal maneira que poidan ser reutilizados. Están excluídos desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución dos mesmos é causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas e ademais a consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida para todos aqueles casos nos que non conste a devolución dos libros adquiridos con cargo ao vale.

 

 O prazo para presentar solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído)     

 

 No hay descripción de la foto disponible.

CURRÍCULO

Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

LOMCE

Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

LOE

 Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación 

Distribuir contido


by Dr. Radut