Skip to Content

Orientación

TRANSICIÓN PRIMARIA SECUNDARIA

Os cambios sempre supoñen un momento de incerteza ante o descoñecido. Tod@s pasamos por ese momento e por iso queremos que o paso de Primara a Secundaria sexa o o mellor posible e despexar calquera dúbida que poidades ter.

Dende o Departamento de Orientación elaboramos un tríptico que seguro que vos axuda con algunha inquedanza. As que queden pendentes de resolver podedes formulárnolas telefónicamente ou a través do correo electrónico do colexio.

 

 

CONTINUAMOS (ORIENTACIÓN)

Boas de novo familias!!!!!
Moito ánimo que xa queda menos, xa faltou máis. Temos que continuar sendo responsables coma ata o de agora, que poidamos saír, non quere dicir que nos esquezamos tan rápido do que vivimos ás semanas anteriores.
Con calma e cautela!!!!
Envío as solucións das actividades que fixeramos do libro AMAR, sobre as palabras dozura e coidado, das cales vos envío as respostas.
Esta semana traballaremos sobre a estima, dedicación, escoita e a xenerosidade!!!!
Ánimo familias!!!!

 

 

 

FICHAS "AMAR"

 

Ola, familias!!!

 

Moita enerxía positiva para seguir camiñando!!!!!

 

 Para esta fin de semana propóñovos unha película en familia, que ao mellor xa os vosos  nenos e nenas xa  a viron e vos con eles pero nunca está demais volver a vela pero desta vez reparando en todo o que nos quere transmitir.

“Toy Story” (2015). É educativa porque nos acerca a un mundo de fantasía que nos atrapa, nos divirte e nos fai reflexionar sobre os grandes valores que propician as relacións sociais e o crecemento positivo, para o cal necesitamos valorar todo aquilo que temos, xa se trate de bens materiais ou inmateriais, como único camiño para valorarnos a nós mesmos. ÁNIMO, FAMILIAS!!

 

Envío tamén a dirección de correo do libro AMAR (https://www.palabrassaladas.com/amar) no que cada unha das súas páxinas é unha invitación a conversar sobre o amor. Este libro ilustrado describe, con sinxeleza e primor, os corenta trazos que dan beleza á palabra AMAR.

Sempre se dixo que o amor é como unha planta. Hai que regala e coidar,… cada folla que a embelece. E ese amor se converterá nunha árbore frondosa e chea de froitos.

Amar contribúe ao noso benestar emocional: axúdanos a construír boas relacións, poñéndonos en valor a nós mesmos e recoñecendo e apreciando o bo trato que recibimos dos demais.

Cando nos sentimos coidados, respectados, apoiados, invádenos a certeza de que poderemos facer realidade calquera sono. Porque sabernos amados nos dá ás. E esa sensación é a máis fermosa.

Por iso vos propoño un reto, familias!!!!

Intentámolo?????

Envíovos fichas para traballar as palabras dozura (dulzura) e coidado,que teñen relación coa palabra Amar

Ao final da vindeira semana enviareivos as solucións destas fichas.

Ánimo vos podedes!!!!!!

 

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS CON NEAE

Axudas e subsidios para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Eucativo (NEAE)

Data límite para presentación das solicitudes é o 27 de setembro.

Deixamos o enlace a continuación para que poidades realizar as solicitudes.

https://buff.ly/2Cw9kZd

PROTOLOCO TDHA

Carta a todos os pais

Distribuir contido


by Dr. Radut