Skip to Content

Tel: 886 11 08 01 e 886 110 802 e-mail: ceip.guillarei@edu.xunta.gal

Libros 23-24

Para acceder á listaxe de libros preme aquí .

 

Imágenes de Libros - Descarga gratuita en Freepik

Publicación listaxe provisional fondo libros e/ou axudas de libros e material

Publicadas as listaxes do alumnado admitido no fondo solidario de libros de texto e/ou axudas para adquisicóin de libros ematerial escolar no interior do centro.

O prazo para presentar reclamación ás listas provisionais é 27 e 28 de xuño.

O 29 de xuño publicarase a listae definitiva e comezará a entrega de vales.

ALOIADA 2023

ALOIADA 2023

Os pasados 15 e 16 de xuño participamos co alumnado de 6º curso na XV edición da Aloiada 2023.

Este ano recuperamos a total normalidade na realización das actividades, puidendo pernoctar no cumio do monte Aloia, na tan desexada "acampada". Participamos 6 colexios de Tui: Nº 1, Nº 2, Caldelas, Pazos de Reis, Rebordáns e Guillarei.

O resto das actividades foron as seguintes:

XOVES 15

* Charla de bemvida e presentación do proxecto por Bea (Nº 2 de Tui) e Jose (C. Montes de Vincios).

MONTE GALIÑEIRO: 5 obradoiros

  1. ESCALADA E RAPPEL.
  2. NÓS DE MONTAÑA.
  3. PRIMEIROS AUXILIOS.
  4. ORIENTACIÓN DEPORTIVA.
  5. XOGOS DE AVENTURA CO GRUPO DOS SCOUTS DE TUI.
  6. ANDAINA DO GALIÑEIRO ATA O ALOIA.
  7. ACAMPADA NO ALOIA.

VENRES 15

  1. SENDERISMO DESDE O ALOIA ATA O RÍO MIÑO.
  2. VISITA AULA DA NATUREZA DO ALOIA.
  3. RÍO TRIPES.
  4. PARQUE DO PENEDO.
  5. KAIAK NO CENTRO INTERFEDERADO NO RÍO MIÑO.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 23/24

ABERTO O PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 23/24!! Deixamos documento en PDF do anexo III necesario para formailizar definitivamenta a matrícula para o curso 23/24. As datas para formalizar dito proceso van do 20 ao 30 de xuño.

DÍA DOS MUSEOS

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria gozaron no día de hoxe cunha saída a Vigo! Foron ao Museo do Mar, aquarium e tamén tiveron un obradoiro moi didáctico sobre fósiles.

PALEONTÓLOGAS/OS POR UN DÍA!!!!

No día de hoxe o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, converteuse en paleontólogas/os como Mary Anning. Primeiro fixeron unha expedición polos espazos exteriores do centro na procura do seu fósil, despois tiveron que usar os seus utensilios para raspar, picar...e finalmente, tiveron a recompensa de acceder ao seu fósil de dinosaurio.

UNHA INVITACIÓN MOI ESPECIAL

O venres 12 de maio as nenas/os de 2º de primaria fixeron entrega dunha invitación moi especial ao noso centro os maiores da asociación AFAGA de Guillarei, para compartir con eles a obra de teatro "Unha historia de amizade" que con tanto agarimo prepararon.

 

UNHA HISTORIA DE AMIZADE

AHÍ VEN O MAIO

"Ahí ven o maio

de frores cuberto.

Puxéronse a porto

cantándome os nenos.

Os puchos furados

pra min extendendo.

Pedíronme crocas 

dos meus castiñeiros"

PROGRAMA COÑECE-DECIDE (2ªSesión)

Nesta segunda sesión do programa Coñece-Decide as nenas/os de 4º de EP fixeron unhas dinámicas que lles encantaron! Unha mágoa que xa rematase.

Moitas grazas, Sandra de @asociacionerguete por facelo tan ben.

Becas NEAE

Aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumando con necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo de presentación é do 8 de maio ao 20 de setembro.

Enlace para máis información:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

 

SEMANA DO LIBRO

E para rematar a celebración da semana do libro deste curso escolar fixemos apadriñamentos lectores e saímos aproveitando o solciño!

PROGRAMA "COÑECE-DECIDE" Alumnado de 4º EP

Este xoves o alumnado de 4º de primaria participou no programa "Coñece-Decide" da asociación Erguete. Quedamos con moitas ganas de repetir experiencias na seguinte sesión. Moitas grazas, Sandra! Vémonos o próximo venres.

Proceso de admisión. Curso 23-24

Informamos que todo o alumando que presentou solicitude no centro no período ordinario resultou admitido.

"UNHA HISTORIA DE AMIZADE" Proxecto interxeracional 2ºEP e AFAGA

Hoxe o alumnado de 2º de educación primaria comeza unha maravillosa aventura ata final de curso que os levará a valorar a importancia da amizade da man dos maiores da súa comarca.

Distribuir contido


by Dr. Radut