Skip to Content

Deporte Escolar

Equipo que dinamiza todas as actividades deportivas do colexio e o PDC Guillarei activo e saudable

CARREIRA ZONAL CAMPO A TRAVÉS (CALDELAS 2022)

CARREIRA ZONAL CAMPO A TRAVÉS (CALDELAS 2022)

Participaron un grupo de alumn@s do noso colexio nesta proba zonal, celebrada o sábado 12 de novembro do 2022. Parabéns a tod@s os participantes na ribeira de Caldelas de Tui a carón do río Miño.

PATIOS ACTIVOS 2022/2023

PATIOS ACTIVOS 2022/2023

Este ano volvemos a normalidade neste programa. Co cal retomamos o prestamo de materiais (feito polo alumnado de 6º e 5º) e a proposta de varios recunchos de xogos e deportes, que foi mudando cada trimestre.

Todo isto informado no panel, xunto con outras cuestións que foron xurdindo ao longo do ano. Como por exemplo  no pavillón houbo sesións de  "deslizamentos" (patinaxe, rollers, skates e patinetes)  xogos con raquetas (bádminton ou tenis), ou xogos e deportes  variados, ou nos patios exteriores cos xogos pintados na zoina da calustra.

GRAN CAMIÑO (VOLTA A GALICIA) 2023

GRAN CAMIÑO (VOLTA  A GALICIA) 2023

 

ESTE ANO TRAS INVITACIÓN DO CONCELLO, TODO O ALUMNADO E MESTR@S DO COLEXIO SAÍMOS CAMIÑANDO A ESTRADA XERAL TUI - PORRIÑO PARA DAR ÁNIMOS E PODER VER IN SITU AOS CICLISTAS PROFESIONAIS QUE PARTICIPARON NESTA NOVA EDICIÓN DA VOLTA "O GRAN CAMIÑO".

UNHA EXPERIENCIA NOVA E MOTIVANTE PARA TOD@S.

DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS CON CEIP PAZOS DE REIS

DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS CON CEIP PAZOS DE REIS

No 2º trimestre no mes de xaneiro, participamos na dinamización deportiva intercentros co CEIP de Pazos de Reis de Tui, coas clases de 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

CARREIRA DE MONTAÑA "ALOIA KIDS" 2023 NO MONTE ALOIA

CARREIRA DE MONTAÑA "ALOIA KIDS" 2023

MONTE ALOIA (A MACOCA)

Alta participación por 2º ano consecutivo nesta proba no monte da Macoca (P. Natural do Monte Aloia). Sábado de tarde moi calurosa pero divertida e chea de emocións. Moitos parabéns a tod@s. 

 

 

 

GYMCANA DE CICLISMO E EDUCACIÓN VIARIA CON ASER ESTÉVEZ

GYMCANA DE CICLISMO E EDUCACIÓN VIARIA CON ASER ESTÉVEZ

Boa xornada con Aser, traballando contidos relacionados coa educación viaria no pavillón do colexio. Actividade dirixida aos cursos de 6º, 5º e 4º de educación primaria.

 

XORNADAS DE BÁDMINTON (ZONAL)

XORNADAS DE BÁDMINTON (ZONAL)

Durante os meses de febreiro e marzo do 2023, os martes e mércores pola tarde de 16 a ta 20 horas, participamos nas xornadas de bádminton do baixo miño.

En Tui xogamos no pavillón do CEIP de Randufe e xa na gran final en marzo no pavillón da Carballa en Tomiño.

Parabéns a tod@s os participantes.

DINAMIZACIÓN DEPORTIVA CO CEIP DE TEBRA

DINAMIZACIÓN DEPORTIVA CO CEIP DE TEBRA

No 2º trimestre no mes de marzo, participamos na dinamización deportiva intercentros co CEIP de Tebra de Tomiño, coas clases de 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

 

XORNADA DE LOITA NA ESCOLA (4º CURSO)

XORNADA DE LOITA NA ESCOLA (4º CURSO)

O PRÓXIMO XOVES 13 DE ABRIL IMOS PARTICIPAR NAS XORNADAS DE LOITA NA ESCOLA ORGANIZADAS NO PAVILLÓN VELLO DE TUI PARA AS CLASES DE 4º DE ED. PRIMARIA.

OS XOGOS SON OS SEGUINTES:

SOGATIRA

DAR A VOLTA A TORTILLA

A COLA DO CABALO

ATRAPAR A PELOTA

LOITA DE XEONLLOS

EXPULSAR DA ZONA

XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS CONTRA O CEIP DE REBORDÁNS

XORNADA DE DINAMIZACIÓN DEPORTIVA INTERCENTROS

O pasado xoves 10 de novembro, visitou a nosa escola o CEIP de Rebordáns coas clases de 6º e 4º de educación primaria.

Destacar que foi unha xornada moi emocionante, xa que despois de case 3 anos non se podían organizar estas xornadas de convivencia por mor da pandemia.

Estivemos participante na 1ª xornada deportiva, na cal xogaron o alumnado de 6º, 5º e 4º da nosa escola, xogando as seguintes modalidades deportivas:

  1. Bádminton, Xadrez e Balonmán.
  2. Mini basket e Volei.
  3. Fútbol sala.

PROGRAMA CORRESPONSABLES "TENIS".

PROGRAMA CORRESPONSABLES "TENIS"

 

Durante os meses de outubro e novembro o alumnado que quiso tivo a oportunidade de ter clases gratis de tenis no noso pavillón.

A actividade estivo organizada pola federación galega de Tenis dentro do "programa corresponsables" que subvencionou os monitores do club Tenis de Tui.

Os xoves en horario de tarde de 16 a 17 horas, desenvolveronse as clases; que a partir vai continuar como actividad extraescolar para todo o alumnado que queira.

Sen dúbida unha boa oportunidade.

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 22/23

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 22/23


Durante os meses de Setembro e outubro, visitaron a nosa escola o Club Balonmán Tui e o Tui de Fútbol sala; ambas entendidas deportivas, explicaron ao noso alumnado de educación primaria a organización dos seus clubes e fixeron unha clase de iniciación co alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria.

 

CARREIRA DE SAN TELMO 2022

CARREIRA DE SAN TELMO 2022

No pasado mes de abril participamos na popular carreira de San Telmo 2022 en Tui.

Tras 2 anos suspendida este organizouse e a nosa escola esrtivo presente con case 30 atletas desde os pequeniños de infantil ata 6º de educación primaria.

Moitos parabens para tod@s.

 

 

 

CROS ESCOLAR ABANQUEIRO NO CUVI

CROS ESCOLAR ABANQUEIRO NO CUVI

Nas instalación do CUVI en Vigo participamos neste proba tan popular de campo  a través, ata alí desprazaronse varios alumnos da escola.

Disfrutando dun bo día e con ambiente deportivo.

 

 

 

INICIACIÓN AO GOLF NA ESCOLA

INICIACIÓN AO GOLF NA ESCOLA

Durante o mes de maio, durante os recreos e nas clases de educación física, os nen@s de 3º, 4º, 5º e 6º curso de educación primaria estiveron practicando "golf". Todo elo grazas a un kid de mini golf que adquirimos no colexio.

A obxectivo era practicar antes de ir a saída ao aeroclub de Vigo a finais de mes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut