Skip to Content

Educación Física

ULTIMATE (INICIACIÓN COA TEACHER LUCÍA - AUXILIAR DE CONVERSA DE USA)

ULTIMATE (INICIACIÓN COA TEACHER LUCÍA - AUXILIAR DE CONVERSA DE USA)

 

OS CURSOS DE 6º, 5º, 4º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA TIVERON A SORTE DE INICIARSE NO "ULTIMATE" , DEPORTE POPULAR EN USA. 

LUCÍA MINAHAN (AUXILIAR DE CONVERSA DE SEATLE), XUNTO A ZACK E EU, INICIAMOS AOS NEN@S NESTE XOGO E DEPORTE ONDE O USO DO FREESBE É A CLAVE.

MOI DIVERTIDO.

THANK YOU LUCÍA E ZACK

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA 2023

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA 2023

A FINAIS DE MAIO O ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA PARTICIPOU NESTA PROBA PROVINCIAL TRAS PROCLAMARSE CAMPIÓNS NA PROBA ZONAL NA MACOCA EN TUI.

O CAMPIONATO CELEBROUSE NAS INSTALACIÓNS DO CTD - ESTADIO DA XUVENTUDE NA CIDADE DE PONTEVEDRA, UNHA GRAN EXPERIENCIA E EMOCIÓN  PARA O NOSO ALUMNADO.

 

MOITOS PARABÉNS PARA XAVI, ANAIS, NOA, VERA, ZAIRA, SARA, GIOVANNI E LUCAS.

DAFIS 22/23

DAFIS 22/23

 

COLABORACIÓN DE TITORA E COIDADORA NA MEDICIÓNS DE PERÍMETROS.

POR 6º ANO CONSECUTIVO PARTICIPAMOS  NO PROGRAMA DAFIS; ESTE CURSO COMPLETAMOS O CICLO DUN GRUPO ESCOLAR QUE PARTICIPA OS 6 ANOS DE ESCOLARIZACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA.

Course Navetta

FLEXIBILIDADE E FORZA CO DINAMÓMETRO MANUAL.

CONTROL DE TALLA.

 

 

PROGRAMA CORRESPONSABLES DE TENIS

PROGRAMA CORRESPONSABLES DE TENIS

Durantes os pasados meses de outubro e novembro do 2022 a nosa escola en coordinación coa federación galega de tenis viuse favorecida deste programa de conciliación familiar.

PROGRAMA TENIS NA ESCOLA

PROGRAMA TENIS NA ESCOLA

Por 3º ano consecutivo, colaboramos coa federación galega de tenis, e recibimos durante 4 semanas material a prestamo (24 raquetas e bolas de tenis de diferentes características).

O obxectivo e aproximar este deporte de raqueta ao noso alumnado, cunha unidade didáctica, onde traballamos lanzamentos, recepcións, uso de implementos, etc.

Iniciándose así ao Tenis.

 

Tiro con arco nos recreos activos e máis xogos

Tiro con arco

Xogo da Chave de Aspas

 

JUDO CLUB TUDENSE VEN A NOSA ESCOLA

BALONMÁN E BALONCESTO TUI PROMOCIONAN OS SEUS DEPORTES EN GUILLAREI

Alejandro e Javier monitores do Club Baloncesto Tui, explicaron e promocionaron o seu deporte a todos os cursos de educación primaria. Aquí están co alumnado de sexto e quinto.

Grupo de terceiro e cuarto en acción.

Noe e Pablo do Balonmán Tui tamén tiveron o seu momento para animar ao noso alumnado a practicar balonmán co seu club e federarse. Lembrar que na nosa escola hai un grupo que xa xoga desde fai anos un día pola tarde, organizado pola ANPA e a Diputación de Pontevedra xunto o club balonmán Tui.

 

 

Comezamos o curso 2019-2020 con "Promocións deportivas no colexio"

Durante varios días de mes de setembro varios clubs deportivos de Tui van vir ao noso colexio para promocionar e dar a coñecer máis o seu deporte e club.

Estas actividades fanse dentro do programa de Xogade "Coñece o teu club".

Xa temos confirmadas as seguintes:

- Venres 13: Balonmán Tui

- Venres 20: Baloncesto Tui

- Martes 24: Judo club tudense

Pendentes de confirmar a data están outras modadlidades deportivas como fútbol sala, bádminton e remo.

Acrosport na escola 2019

Xuntar creatividade e arte, pode ser un resumo curto do traballo feito polo alumnado de 6º e 5º nas unidades didácticas de "Acrosport".

Batidos saudables nas clase de terceiro

Dentro do programa de alimentación saudable levaronse a práctica varias actividades como a elaboración de batidos saudables, facer bocatas diferentes, froita nos recreos ou as recomendacións pautadas de merendas diarias dende as titorías.

preparando as diferentes froitas

PANEL INFORMATIVO DO PROXECTO

Diferentes programas que se desenvolveron no curso 2018/2019

A nosa mascota "Guillasport" que nos acompaña nas probas deportivas e xogos.

DAFIS 2019

- DAFIS, no ámbito educativo escolar, é un protocolo de valoración da Condición Física (CF) relacionada coa saúde que pode utilizar o profesorado de E.F. e o seu alumnado (baixo supervisión).

- Inclúe unha batería multicompoñente da CF. Todas as probas de CF cumpren os criterios de validez, fiabilidade, economía de aplicación e sustentabilidade.

- Os seus resultados poden compararse con valores criterio (puntos de corte) ou con valores normativos (percentís poboacionais). * criterio: IMC / Course navete (resistencia cardiovascular).

O resultado obtido xa ten un valor en si mesmo. * norma: resto de probas (establece un valor en función da mediana existente na plataforma para a mesma idade e sexo no momento de realizar as probas.

- Os resultados introdúcense nunha plataforma web, construída ad-hoc, que os avalía de forma automática e emite diferentes informes. - No ano 2018, DAFIS foi seleccionada pola oficina europea da OMS como mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da actividade física no ámbito escolar. 

Flexibilidade

A totalidade do alumnado do colexio por terceiro ano consecutivo participa no programa DAFIS sobre a valoración da condición física e o control de varios parámetros de saúde.

Salto de lonxitude

Proba de forza isométrica co dinamómetro manual

 

ACROSPORT, CIRCO E FESTIVAL FIN DE CURSO

Durante gran parte do terceiro trimestre o alumnado de educación primaria estivo aprendendo moitas actividades ximnásticas, exercicios de acrosport, equilibrios, bailes, malabares e moitas habilidades circenses.

Especialmente os grupos de quinto e sexto adicáronlle moitas horas do seu tempo libre nos recreos, algunhas tardes e nas horas de educación física. Como guinda de tanto esforzo, no festival de fin de curso titulado "Eurosport" fixeron actuacións do aprendido.

Sen dúbida foi unha xornada de moitos nervios pero tamén de emoción e ilusión poder actuar diante das suas familias e de todo o colexio.

Moitos parabéns a tod@s.

Grupo de quinto curso, coa parodia de natación desincronizada.

Actividades circenses o grupo de sexto.

Acrosport

 

Aloiada 2019

ALOIADA 2019

 

 

A mediados do pasado mes de xuño, un ano máis participamos na ALOIADA co resto de escolas do concello de Tui.

Este ano houbo varias novedades, xa que nos obradoiros que se organizan a carón do monte Galiñeiro, os nosos rapaces e rapazas atoparonse con 2 sorpresas. Unha delas foi a ximcana organizado polo grupo de scouts de Tui, que prepararon varios xogos e retos divertidos e a outra foi a de slack line organizada polo mestre Xosé Antón, sen dúbida todo un desafío de equilibrio.

Polo de máis destacar a convivencia entre os case 200 alumn@s dos 8 colexios tudenses durante estas 2 xornadas de xoves e venres, onde fixemos escalada alpina, rappel, primeiros auxilios, prácticas de cabuyería, orientación deportiva, acampada no monte Aloia, xogos de noite, senderismo polas sendas do Galiñeiro, monte Aloia, río Tripes e piragüísmo no río Miño.

Unha gozada despedir a étapa no ensino de primaria e coñecer nov@s amig@s.

Material preparado

No albergue do Aloia

Na base do Galiñeiro

Camiño as paredes do Galiñeiro para facer escalada.

Obradoiro de nudos

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut