Skip to Content

Deporte Escolar

Equipo que dinamiza todas as actividades deportivas do colexio e o PDC Guillarei activo e saudable

PROBA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA NA CONTORNA DO COLEXIO

PROBA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA NA CONTORNA DO COLEXIO

No mes de xuño na contorna da escola organizamos unha Carreira de Orientación Deportiva para o alumnado de 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

 

 

INICIACIÓN AL PIRAGÜISMO

INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO

A principios de xuño as clases de 3º e 4º de educación primaria, tiveron a sorte de facer unha saída a Tui moi completa:

1º viaxe en tren turístico dende o colexio ao centro de Tui.

2º ruta guiada e busca de pistas seguindo a procura do tesouro de Dona Urraca.

3º merenda no parque do Penedo e xogos de lecer.

4º Iniciación ao piragüismo grazas ao club Kayak tudense.

 

 

DAFIS 2022

DAFIS 2022

Un ano máis seguimos facendo as probas físicas do programa DAFIS.

 

 

PRIMEIRO AUXILIOS NA ESCOLA

PRIMEIROS AUXILIOS  NA ESCOLA

Durante este curso varias cursos de educación primaria tuvieron a sorte de poder ter unhas primeras nocions de "primeiros auxilios" ante un caso de parada cardíaca ou similares.

A tecnica RCP foi a utilizada, tendo como material uns bonecos especiais prestados polo CFR de Vigo e cos cales tivemos as nosa primeiros experiencias en reanimación cardiorrespiratoria.

Moi boa e necesaria experiencia.

 

XOGOS E DEPORTES DA INDIA

XOGOS E DEPORTES DA INDIA

Durante o 1º trimestre grazas a Deepa (lector de inglés); practicamos varios xogos e deportes moi populares na India.

·        

A 1ª experiencia foi o KABBADI: deporte moi curioso e de alta intensidade.

·        

A 2ª foi a práctica do CRICKET: moi divertido xogar e motivante para os nen@s.

Sen dubida unha gran experiencia para todos.

Moitas grazas Deepa e moita sorte.

xogando ao criket

 

foto de familia con Deepak

Os de 6º xogando ó criket

 

SEMANA EUROPEA DO DEPORTE ESCOLAR

SEMANA EUROPEA DO DEPORTE ESCOLAR

Durante 1 semana todas as clases tuvieron que practicar varias probas físicas para intentar superar os 3 retos propostos polo equipo de deporte escolar da escola.

Bailar, pasar unha pelota en equipo e correr durante un tempo determinado foron as propostas escollidas.

A maioría o conseguiron o levaron como premio pasar un rato divertido en equipo e un certificado oficial para cada clase. 

CERTIFICADO DA CLASE DE 2º

RETOS CONSEGUIDOS

 

REDREOS ACTIVOS

RECREOS ACTIVOS

POR FÍN NO 3º TRIMESTRE VOLVIMOS A UNHA RELATIVA NORMALIDADE, XA QUE ATA ENTÓN; OS RECREOS FORON ORGANIZADOS EN GRUPOS BURBULLA, E AGORA VOLTAMOS A ESTAR TODOS XUNTOS.

 

INICIACIÓN AO GOLF

INICIACIÓN AO GOLF

As clases de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria tiveron a sorte de visitar o aeroclub de Vigo e practicar con monitores titulados. Durante unha mañá coñecimos moitas cousas interesantes deste deporte tan descoñecido por todos.

O swin, o pat, as madeiras, o ferro, etc moitas cousiñas novas.

Aquí podedes ver o ben co pasamos.

DISCAMINO

DISCAMINO

UNHA GRAN SORTE PODER TER NA NOSA ESCOLA A DISCAMINO. MOI AGRADECIDOS DE APRENDER UN POUCO SOBRE O SEU PROXECTO E VER COMO OS SOÑOS PODEN SER REALIDADE. GRACIÑAS A JAVIER PITILLAS, GERARDO, ANA E A TODA FAMILIA QUE FORMAN DISCAMINO.

MICAELA PROBANDO UNHA DAS SÚAS BICIS ESPECIAIS 

ALOIADA 2022

ALOIADA 2022

BALONMÁN, XADREZ E BÁDMINTON

BALONMÁN, XADREZ E BÁDMINTON

Este ano as tarde de luns, mércores e venres no pavillón da escola o alumnado que quiso tivo a oportunidade de participar nestas modalidades deportivas ofertadas pola ANPA.

Ademais Tenis o Patinaxe tamén adestraban nas nosas instalacións.

TRABALLIÑOS DO ALUMNDO DO 2º E O 3º TRIMESTRE

A continuación tedes un resumo dos traballiños, debuxos, redaccións, etc que fixo o alumnado de educación primaria sobre as actividades deportivas nas que participaron, traballando deste xeito de forma interdisciplinar con outras áreas de educación primaria.

Destacar as relacionadas con:

  • Piragüismo.
  • Aloiada.
  • Carreiras.
  • Xogos populares.

HÁBITOS SAUDABLES.

PIRAGÜISMO NO RÍO MIÑO

 

II CAMPAMENTO DE VERÁN

II CAMPAMENTO DE VERÁN DA ANPA

Por 2º ano consecutivo na nosa escola se esta organizando un campamento de verán aberto a nenos entre os 3 e os 13 anos. Aseguro van disfrutar de moitísimas experiencias, xogos e actividades deportivas moi variadas.

Buscan tripulación no seu barco pirata.

INICIACIÓN AO XADREZ (Xogade)

INICIACIÓN AO XADREZ (Xogade)

O alumnado de 3º curso ed. primaria participou neste curso de iniciación ao xadrez na escola durante 5 xornadas. A continuación podedes ver un resumo.

EXPLICACIÓNS NA AULA DAS NORMAS DO XADREZ

 

BUSCA DO TESOURO DO PIRATA METEPATA

BUSCA DO TESOURO DO PIRATA METEPATA

No mes de xuño durante unha mañá o alumnado de infantil disfrutou desta actividade  xogando a buscar as diferentes pistas para ir formando o mapa do tesouro e atopar o cofre do tesouro do pirata Metepata.

Foi unha experiencia moi divertida.

Distribuir contido


by Dr. Radut